Obradoiros ‘Escolas nas Ondas’: no CEIP Otero Pedrayo, en Vigo

Era o xoves 17 de novembro, unha mañá soleada en Vigo, e con moito ánimo diríxome ao CEIP Otero Pedrayo.

Esta maña tocábame compartir con rapaces e rapazas de 5º. Eran 21. Moitos rapaces moi inquedos por aprender… e si, aprenderon e pasárono ben.
Polo menos iso é o que me dixeron ao rematar. Penso que quedaban con gañas de máis…. Supoño que ao longo do trimestre terán ocasión de rematar o seu podcast e de crear novos.
Aínda que había un pouco de vergoña á hora de interpretar os textos…. Despois todos querían participar e repetir.

Ata tivemos a sorte de que unha profe, Sara, se animase a gravar un parágrafo no podcast do cole… O importante é que se deron conta do difícil que era, e o doado que pode chegar a ser, só practicando… Ben, paseino moi ben no cole Otero Pedrayo, agardo con moito entusiasmo escoitar algún dos podcast que, prometeron, farán e subirán ao portal de Escolas nas Ondas….
Un pracer traballar no CEIP Otero Pedrayo de Vigo. Aquí podedes escoitar un exemplo do que fixeron.

http://www.ivoox.com/podcast-obradoiro-ceip-otero-pedrayo-vigo-audios-mp3_rf_16666764_1.html

COMPARTILHAR

DEIXE UMA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here