Ponte…nas Ondas! apraza a xornada de radio e patrimonio do 27 de marzo

Debido á suspensión das actividades lectivas e extraescolares en todos os niveis educativos e ás diversas medidas postas en marcha para a prevención do contaxio polo coronavirus tanto en Galicia como no Norte de Portugal, Ponte…nas Ondas! apraza a xornada de radio e patrimonio convocada para o 27 de marzo. Os eventos previstos en toda a Eurorrexión celebraranse máis adiante, en canto as circunstancias o fagan posible.

Ponte…nas ondas! presentara este mesmo xoves na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela a organización da xornada coa que a asociación quere celebrar este 25 aniversario, nun acto xunto coa Vicerreitora de Ciencias da Comunicación, Alba Silva e o secretario xeral de política lingüística, Valentín García.

Ponte…nas ondas! agradece a participación das escolas e institutos de Galicia e do Norte de Portugal e a colaboración das emisoras de radio públicas e locais na xornada de radio, inicialmente prevista para o vindeiro 27 de marzo e á que se lle buscará acomodo nunha nova data en canto sexa posible. Hai que lembrar que para a xornada estaban xa inscritos máis de 55 centros educativos e tamén grupos das Universidades de Santiago, Vigo e Trás-Os-Montes, involucrados en programas desde os 22 lugares de emisión repartidos por toda a Eurorrexión, ademais dos programas que serán realizados nos propios centros educativos. En canto o contexto de prevención polo coronavirus faga posible a volta á normalidade, Ponte…nas ondas! acordará coas persoas e entidades colaboradoras unha nova data para a celebración e abrirá tamén a posibilidade de que máis escolas e colectivos poidan sumarse ao evento.

Compartir

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here