Ponte… nas Ondas! estrea a serie documental Meniños Cantores 2 na TVG

• O próximo domingo 26 de decembro ás 20.00h na Televisión Galega emitirase o primer capítulo da serie documental Meniños Cantores 2.

• Ponte…nas ondas! acaba de publica unha nova edición de Meniños Cantores 2. Nel participan 17 centros educativos que abordan o patrimonio cultural galego-portugués, desde a recreación de temas musicais tradicionais e populares ata a testemuños de persoas portadoras ou a recolla de léxico específico da raia.

Ponte…nas ondas! estrea o próximo domingo 26 de decembro ás 20.00h na TVG a serie documental Meniños Cantores 2. A serie documental, incluída no libro-USB, componse de 4 capítulos de 50 minutos cada un. Ao longo dos capítulos ofrécese un percorrido pola fronteira galego portuguesa, “zigzagueando” dende Verín e Chaves ata o Océano Atlántico chegando a Viana do Castelo. No documental, ademais de descubrir as cancións interpretadas polos nenos e nenas de 17 centros educativos e os seus padriños e madriñas, a través dos alumnos e profesores dáse a coñecer o proceso de escolla do tema musical, a súa preparación e interpretación na gravación. Tamén están presentes as persoas portadoras dos saberes tradicionais que nun claro exemplo de transmisión oral comparten os seus coñecementos cos rapaces, axudando a difundir o patrimonio inmaterial.

Cada centro educativo, está apadriñado por un artista de Galicia e Portugal, que colaboraron na preparación e gravación dos temas musicais. Ademais, todos os padriños e madriñas gravaron o tema común “Máis perto”.

O documental arranca cunha conversa en Lisboa de dous artistas que apadriñan o proxecto, Uxía e António Zambujo quen cun exemplar do primeiro Meniños Cantores preguntan se agora poderán cantar nesta nova edición, de aí que o proxecto levase como nome xenérico “Agora cantamos nós”, e que ten o seu sentido na interpretación por parte dos 16 artistas do Máis perto.
No capítulo 1 percorre os concellos de Verín, Chaves, Crecente e Montalegre. No capítulo 2, As Neves, Melgaço, Salvaterra de Miño e Monção. No capítulo 3, Salceda de Caselas, Tui, Valença do Minho, Vila Nova de Cerveira e A Guarda. No capítulo 4, Tomiño, Caminha, O Rosal e Viana do Castelo.

A serie foi gravada entre os meses de abril e xuño pola produtora Casa de Tolos, editada por Pai Música e contou coa colaboración da TVG, o Consello da Cultura Galega e cunha axuda de O teu Xacobeo. No cocumental, participaron máis de 500 xoves das dúas marxes da fronteira pertencentes a 17 centros educativos, bandas de música ou grupos corais.

Este proxecto está promovido pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! que leva máis de 25 anos poñendo en valor o patrimonio inmaterial nos centros educativos galegos e Ponte…nas ondas! foi presentado na UNESCO por Portugal e España para ser inscrito como modelo de boas prácticas co patrimonio cultural inmaterial que debe producirse en decembro de 2022.

SHARE

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here