PNO! no ciclo In situ. Encontros monográficos co patrimonio cultural

Evento do Consello da Cultura Galega o 18 de abril de 2023 en Tui.

Os Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural son unha iniciativa levada a cabo pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega (CCG) que comezou en novembro de 2015.

Teñen como obxectivo xerar un espazo de difusión, debate, encontro e coñecemento arredor de diferentes proxectos que afectan ao patrimonio cultural, en xeral, e que moitas veces non chegan a un público amplo por diferentes motivos. Os protagonistas dos encontros son a sociedade, o elemento patrimonial, o debate e a reflexión.

Este In Situ pretende valorizar e divulgar a experiencia de Ponte… nas ondas! (PNO!), que recolle os valores da Convención para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial, uns meses despois de que o modelo PNO! fose inscrito no Rexistro de Boas Prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO.

Máis información e Programa

IN SITU en TUI

Compartir

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here