Ponte... nas Ondas!

27 DE MARZO 2020: 25 aniversario de Ponte…nas ondas!


En marzo de 1995 nacía PONTE…NAS ONDAS!, unha experiencia innovadora de radio interescolar e patrimonio inmaterial. Para conmemoralo, convida aos centros educativos de Galicia e Norte de Portugal a participar nun maratón radiofónico o vindeiro 27 de marzo, que será retransmitido en directo a través do portal Escolas nas ondas e desde as emisoras de radio participantes, unha das cales estará no campus da Universidade de Vigo.

Como participar con Ponte…nas Ondas!

  • Realizando un programa en directo desde unha emisora de radio, ou gravado, onde se aborde algunha manifestación do patrimonio inmaterial galego-portugués.
  • Acudindo ao campus da Universidade de Vigo ao estudo de radio e facer dende alí o programa en directo.
  • Facendo un programa de radio/vídeo no propio centro educativo emitíndoo por Internet.
  • Realizando un programa gravado en audio e/ou vídeo para emitir o 27 de marzo a través de www.escolasnasondas.com

Como colaborar con Ponte…nas ondas!

  • Sacando a radio e o patrimonio inmaterial á rúa no día 27 de marzo. Os centros educativos que o desexen poden organizar no seu concello ou comarca calquera acto que visibilice o labor da radio e o patrimonio realizado por Ponte…nas ondas! ao longo destes 25 anos.
  • Colaborando con algunha emisora de radio para realizar unha emisión desde os seus estudos ou para que se divulgue o evento. Tamén se pode pedir a participación de institucións locais ou comarcais

IMPORTANTE:

  • Desde Ponte…nas ondas! divulgaremos e emitiremos os eventos que se realicen en calquera punto da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal.
  • Confirmar con antelación calquera acción para poder coordinala e difundila.
  • Contacta con nós: ondas@pontenasondas.org
  • Máis información en: www.pontenasondas.org e redes sociais.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas