Ponte... nas Ondas!

A Deputación de Pontevedra e PNO! poñen en marcha os obradoiros Falamos nas Ondas

“O noso obxectivo –subliñou o presidente provincial Luis López- é preservar, difundir e poñer en valor o patrimonio cultural inmaterial, especialmente entre os escolares de centros educativos transfronteirizos, así como promocionar o incrible patrimonio cultural común galego-portugués, fomentando o seu coñecemento e a transmisión ás novas xeracións”.

A Deputación de Pontevedra colabora así con Ponte…nas ondas! na transmisión do patrimonio ás novas xeracións mediante un convenio específico para dinamizar este patrimonio. Neste marco, realizaranse obradoiros de radio e patrimonio inmaterial en 10 centros educativos da provincia. Todos eles son centros “modelo Ponte…nas ondas! de boas prácticas co patrimonio cultural inmaterial” integrados na rede creada pola Consellería de Educación.

Deste xeito, a través desta colaboración vanse organizar obradoiros que contemplan unha sesión de radio e podcast e outra de divulgación das expresións do patrimonio cultural inmaterial e as músicas tradicionais. Comezarán o próximo luns, 20 de outubro, no CEIP de Petelos de Mos e continuarán na Estrada (CEIP do Foxo e IES Losada Diéguez), Ponte Caldelas (IES Ponte Caldelas), Pontevedra (IES Sánchez Cantón), Salceda de Caselas (IES Pedras Rubias), Salvaterra de Miño (CEP Carlos Casares), Tui (IES Indalecio Tizón) e Vigo (IES Alexandre Bóveda e IES Valadares).

Tamén, ao abeiro da colaboración entre a Deputación de Pontevedra e Ponte nas Ondas, vaise organizar un acto para organizar o Día Mundial do Patrimonio. Terá lugar o 14 de novembro no Centro Cultural e Veciñal de Valadares (Vigo) e durante esa xornada tamén se farán entrega dos premios do VIII Certame As imaxes do patrimonio, que conta coa participación de centros educativos de Galicia e de Portugal.

A Deputación de Pontevedra destina 15.000 € á Asociación Ponte nas Ondas, a única entidade acreditada pola UNESCO en Galicia para a transmisión do patrimonio cultural inmaterial ás novas xeracións, para poñer en valor o patrimonio.

DEIXE UMA RESPOSTA

Por favor digite seu comentário!
Por favor, digite seu nome aqui

Foliada Agora Cantamos Nós!
Baner Modelo PNO!

Así foi o evento do 30 aniversario de PNO!
PNO! 8º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas