Ponte... nas Ondas!

Ponte…nas Ondas! Un himno para a lusofonía con premio

● Este mércores 15 de abril, o artista portugués José Cid recollerá o premio LÍNGUA MÃE outorgado pola Sociedade Portuguesa de Autores pola súa carreira musical e por darlle á canción “Ponte…nas ondas! ” o carácter de himno da lusofonia.
● A versión que fixo José Cid para o 30º aniversario de PNO! procede da composición “A ponte” da autoría de Uxía e Sérgio Tannus
● En palabras de José Cid: “O premio é a uma vida de poesia e canções minhas, mas ponte…nas ondas! foi o meu disco de maior audiência e isso influenciou !

A Sociedade Portuguesa de autores é unha entidade que desde 1925 xestiona os Dereitos de Autor en Portugal e ten a súa sede en Lisboa. O mércores 15, ás 17.00h., no auditorio Maestro Frederico de Freita realizarase a ceremonia de homenaxe a unha longa carreira musical marcada por décadas de creación artística, por cancións que atravesan xeracións e por unha obra excepcional no panorama musical de Portugal e da Lusofonía.

José Cid, de 84 anos, ten o premio Latin Grammy a la Excelencia Musical (2019), e destaca cunha carreira de máis de seis décadas, na que ten explorado xéneros como o rock, o pop, o jazz, a música progresiva e a canción melódica.

A canción “Ponte…nas ondas!” foi desde o primeiro momento lanzada como un himno para os países da lusofonía e tamén determinante para a concesión do premio por parte da SPA. A partir da composición “A ponte…nas ondas!” de Uxía e Sérgio Tannus, José Cid realizou unha versión co nome “Ponte…nas ondas!” e lanzado con motivo do 30 aniversario de PNO!

No videoclip publicado en abril de 2025 descríbese a composición como: “Ponte… nas ondas! “Mais do que uma grande canção, é um poema poderoso da galega Uxía, que já se tornou um movimento da Lusofonia, nascido na Galiza e apoiado pela UNESCO! José Cid foi o cantor nacional convidado pela autora para representar este movimento no âmbito da Lusofonia Mundial. Esta grande interpretação, é um feito surpreendente para um jovem cantor de 83… anos de idade! Um tema relevante que une povos, gentes e nações de todos os cantos do mundo. O vídeo é simples e orgânico, com a informação necessária para destacar tanto a força da canção quanto a grande interpretação! “Ponte… nas ondas!” – agora na vossa rádio.

Outros autores que xa foron premiados con esta distinción foron Paulo de Carvalho, Jorge Palma, Fernando Tordo, Sérgio Godinho e Tozé Brito.

Ao evento asitirá unha representación de Ponte…nas ondas! xunto con Uxía, a compositora de “A ponte” e tamén será un acto de recoñecemento a Ponte…nas ondas! como un proxecto de referencia a nivel mundial.

Ponte…nas ondas! José Cid

A ponte…nas ondas! Uxía e Sérgio Tannus

Preme aquí para descargar a letra

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

Baner Modelo PNO!
PNO! 9º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Así foi o evento do 30 aniversario de PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas