Reunidos Anxo Cabada profesor e fotógrafo, Xerardo Pereiro profesor e antropólogo, Cristina Sánchez-Carretero investigadora e antropóloga e Xerardo Feijoo membro da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas Ondas! actuando como secretario con voz e sen voto, constitúense como Xurado do II Certame de fotografía “Imaxes do patrimonio” e
ACORDAN
1º.–Agradecer aos centros de ensino, profesorado e alumnado a súa participación neste II Certame de fotografía “Imaxes do patrimonio” convocado pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas Ondas! co que se pretende, como obxectivo preferente, descubrir ás novas xeracións a existencia dun rico e variado Patrimonio Cultural , para o que propuxemos que á iniciativa dos centros escolares os alumnos e alumnas buscaran, na compaña dos seus familiares, aquelas fotos que conteñan elementos dese patrimonio que queremos dar a coñecer. Nas bases e como complemento desta busca solicitabamos que se completara a participación no certame coa inclusión dun texto explicativo da imaxe.
2º.-O Xurado valorou a gran calidade da maioría dos traballos presentados a concurso e o esforzo mostrado na elaboración do texto que acompaña a cada unha das fotografías polo que propón á entidade que convoca o certame que xestione o deseño de actividades que permitan mostrar e difundir as fotografías presentadas, dada a súa calidade e interese, para a súa divulgación e para que sirvan como estímulo e exemplo para outros proxectos educativos similares.
3º.-Logo das correspondentes deliberacións, os membros do Xurado acordan outorgar os seguintes premios nas distintas categorías establecidas polas Bases do Certame,
Categoría Ensino Primario/Ensino Básico
1º Premio: Claudia López Darriba, CEIP A Ponte (Lugo)
2º Premio: Abel González Ramilo CEIP da Cruz. Camos (Nigrán)
2º Premio: María Fernanda Fernández Gómez. IES de Valadares. (Vigo)
3º Premio: Ana Romero Rodríguez. IES Terra de Turonio. (Gondomar)
Accesits:
Lucía Fernández Pérez IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas)
Yashira Álvarez Ramírez . IES Pedras Rubias.(Salceda de Caselas)
Premio Especial á escola que enviou o conxunto maior de fotografías que, cumprindo as bases do Certame teñan grande relevancia polo seu contido: CEIP San Ramón de Moeche
Este site utiliza cookies para permitir uma melhor experiência por parte do utilizador. Ao navegar no site estará a consentir a sua utilização.OkPolítica de privacidade
[…] poden verse as imaxes gañadoras http://pontenasondas.org/ii-certame-de-fotografia-imaxes-do-patrimonio-aqui-as-ganadoras/ Outras imaxes participantes poden visualizarse ao completo desde esta ligazón: […]
[…] fixo lectura dos textos explicativos das imaxes galardoadas (Textos que poden atoparse aquí: http://pontenasondas.org/ii-certame-de-fotografia-imaxes-do-patrimonio-aqui-as-ganadoras/ ). A continuación, escoitaron un poema recitado por Lois Pérez acompañado dos acordes dunha […]
[…] as gañadoras da I e da II edición (tamén o acceso ao arquivo completo das imaxes participantes) http://pontenasondas.org/ii-certame-de-fotografia-imaxes-do-patrimonio-aqui-as-ganadoras/ […]
[…] II edición (tamén o acceso ao arquivo completo das imaxes participantes nas edicións anteriores) http://pontenasondas.org/ii-certame-de-fotografia-imaxes-do-patrimonio-aqui-as-ganadoras/ […]