Ponte... nas Ondas!

A Biblioteca Viva de Estambul

Pedir prestado un búlgaro ou arrendar unha lesbiana?

Son algunhas das opcións que ofrece a Biblioteca Viva de Estambul, Turquía.

Non se trata dunha biblioteca normal. Aquí non se conseguen libros senón persoas, e os seus organizadores esperan que os interesados rompan algúns dos seus prexuízos.

O fenómeno das bibliotecas vivas naceu en Dinamarca, e na última década estendeuse polo mundo. A súa recente versión turca funciona do mesma xeito que as outras: os visitantes miran un catálogo de “libros” que en realidade son persoas e logo sentan a conversar durante 30 minutos coa que elixan. Como di Mere Israel, directora da biblioteca, a posibilidade de elección é moi ampla: “Temos moitos títulos en oferta. Temos grego, esquizofrénico, bisexual, árabe, traballador dunha ONG, muller con pano, seropositivo, lesbiana, transexual, armenio, kurdo e novicio”.

Pedir prestado un armenio

A biblioteca ofrece os seus produtos en varios eventos culturais en Turquía, coa esperanza de estimular aos seus visitantes a que enfronten as súas ideas preconcibidas. Un dos interesados é Anol Celcik, de 21 anos, que quere pedir prestado un armenio.

“Queremos saber máis doutra xente, con outros estilos de vida. Co meu amigo eliximos un armenio porque en Turquía representa un problema. Quero atoparme e falar cunha persoa armenia porque nunca o fixen, nunca tiven oportunidade porque forman unha comunidade moi pechada. Hai 60 mil armenios en Turquía pero nunca vemos a ningún. Non temos idea de como viven, como falan, que pensan sobre todos estes problemas. Por iso vin, a atoparme con alguén de Turquía que teña antecedentes armenios”.

Prexuízos

Os “libros” son voluntarios que representan a todo tipo de grupos sociais. O libro armenio seleccionado por Anol Celick é unha moza de 22 anos, Bahsi, que está agradablemente sorprendida da cantidade de persoas que queren falar con ela.

“Sorpréndeme que tanta xente se achegue dicindo que quere entender quen son. As ideas que se teñen de nós están xeralmente formadas polo que di a prensa e o sistema educativo, son ideas que non nos representan e adoitan estar cheas de prexuízos”, di Bahsi. “O fermoso é nun intre a conversación faise moi agradable. Cando un fala con outra persoa dáse conta que os prexuízos non son inamovibles e logo de media hora compartimos unha chea de cousas, non soamente o tema armenio”.

Maxia

Anol e Bahsi conversaron vinte minutos. Máis tarde o mozo turco dixo que descubrira que Bahsi compartía con el moitas opinións e sentimentos. Para os fundadores da Biblioteca Viva este sería un exemplo de éxito da súa iniciativa, creada para romper prexuízos. Nunha sociedade como a turca, profundamente dividida en numerosos aspectos, entre eles a relixión e a raza, os organizadores esperan que a biblioteca cause o mesmo efecto máxico en moitos máis lectores nos próximos meses.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

Día Internacional do Patrimonio Inmaterial 2024
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas