A radio do Patrimonio en Sarria

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas Ondas! presenta catro programas en catro cidades polas que pasa o Camiño de Santiago para recoller o patrimonio inmaterial que tamén se xerou ós albores das rutas xacobeas. Serán Cea, Tui, Sarria e Santiago as catro localidades que acollerán os obradoiros de radio, A Radio do Patrimonio, nos que colaborarán varios centros educativos sendo o propio alumnado o que exerza de xornalistas con entrevistas a portadores de patrimonio como Pancho Álvarez, Xabier Blanco, o Mago Antón ou Xurxo Antúnez ‘o Terrible’. Este proxecto forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

Na parte superior podes ver a gravación do programa realizado en Sarria.

E aquí unha galería de imaxes do evento:

A Radio do Patrimonio en Sarria

Compartir

DEIXA UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here