Ponte... nas Ondas!

A Radio do Patrimonio

• Ponte…nas Ondas! prepara un programa “radiovisual” en directo en concellos do Camiño de Santiago.
• Este proxecto forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

PONTE…NAS ONDAS! dará a coñecer o seu modelo de boas prácticas nas catro provincias galegas a través dun programa “radiovisual” en directo emitido por streaming desde as localidades de Cea, Tui, Sarria e Santiago de Compostela. Co patrocionio do Xacobeo 21-22, o programa pretende divulgar a experiencia de Ponte…nas ondas! ao longo de 27 anos de traxectoria coa radio escolar e o patrimonio cultural.

A radio do patrimonio! é un proxecto enmarcado na difusión do “modelo Ponte…nas ondas!” de boas prácticas con Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) que a UNESCO vai inscribir no mes de decembro no Rexistro das Boas Prácticas co PCI.

A radio do patrimonio pretende proxectar estas boas prácticas na sociedade mediante a transmisión ás novas xeracións do patrimonio cultural a partir de 4 eixos: Camiño de Santiago + Educación + Patrimonio + Comunicación.

Coa implicación de centros educativos e contando coa colaboración dos concellos, desenvolverase unha sesión aberta ao público onde o alumnado conducirá, coa axuda de profesionais da radio, un programa “radiovisual” que contará con persoas portadoras do patrimonio cultural inmaterial que transmitirán os seus saberes e será retransmitido por streaming e polas redes sociais.

Os lugares onde se desenvolve a actividade están centrados en vilas e cidades dos camiños de Santiago: Sarria (Lugo), Tui (Pontevedra), Cea (Ourense) e Santiago (A Coruña)

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas