Foi publicada a resolución do 17 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se seleccionan, con carácter experimental, os centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que se incorporarán a Rede de Centros “Ponte… nas ondas! Modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)” durante o curso 2024/25.
Poderán incorporarse á dita Rede ata un máximo de 10 centros educativos públicos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que impartan as ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato. Priorizarase a participación daqueles centros que sexan admitidos no programa Radio na Biblio.
Todo o procedemento de solicitude será realizado pola persoa responsable da dirección do centro a través da aplicación informática https://www.edu.xunta.es/programaseducativos/
Esta solicitude consistirá nun proxecto vencellado ao Patrimonio Cultural Inmaterial galegoportugués e á súa posta en valor a través da radiodifusión e doutras actividades complementarias que se consideren pertinentes.
O prazo para presentarse a esta convocatoria rematará o día 30 de xaneiro de 2025.
Toda a información da convocatoria, aquí:
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/convocatoria_rede_ponte_nas_ondas_24-35.pdf
NOVA RELACIONADA:
Unha vintena de centros de toda Galicia continuarán traballando co modelo de educación patrimonial Ponte… nas Ondas! recoñecido pola Unesco