Curso 2.0 de Radio Online

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! convoca o 1º Curso Online de Radio 2.0.

A radio, e a produción de programas sonoros en xeral, é unha ferramenta moi útil nas escolas e nos institutos xa que presenta unhas características plenamente compatibles, e mesmo aconsellables, coa dinámica escolar. A través destes medios poden tratarse temas das áreas de lingua, ciencias, educación artística etc. co valor engadido de que garante o interese dos nosos alumnos e alumnas xa ao mergullarse nun mundo que lles é familiar e atractivo.

A radio 2.0 é a evolución da radio tradicional que se pode configurar a criterio do emisor e do receptor. A radio na Rede ten novas posibilidades e os podcasts son só unha mostra dos recursos que podemos realizar.

Os medios que a tecnoloxía actual pon ao noso alcance de xeito doado e barato fan que as posibilidades deste tipo de actuacións teñan unhas grandes opcións no ámbito educativo.
Para dotar ao profesorado das ferramentas de coñecemento básico deste mundo é polo que PONTE…NAS ONDAS! convoca este curso cunha duración de 50 horas que cada un poderá repartir ao seu antollo ao longo dos meses seguintes a partir do 15 de febreiro despois da fase de inscrición.

Temas que se tratarán:

-Gravación de son.
– A voz e a súa potencialidade
-Edición.

-Elaboración de Podcasts.
-Subida á Rede dos programas.

O curso ten unhas características básicas e accesibles para calquera persoa interesada en iniciarse no mundo da produción de programas sonoros.

A inscrición ten un custe de 60 euros, 40 para os socios da Asociación.

Para inscribirse haberá que facer o ingreso a nome de quen o fai o curso: ES57 2080 5115 1530 0007 4489, así como mandar cuberta a ficha que vai ao final desta mensaxe ao enderezo: ondas@pontenasondas.org

Calquera dúbida poderá ser resolta escribindo ao mesmo correo-e.

Adxuntos:
Ficha de inscrición (Galego)[Ficha de inscrición (Galego)] 170 Kb

SHARE

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here