Ponte... nas Ondas!

Día Internacional do Patrimonio Cultural: A transmisión do Patrimonio ás novas xeracións

Ponte…nas ondas! celebrou o Día Internacional do Patrimonio cun acto de entrega de premios do Certame “As imaxes do patrimonio” aos centros educativos de Galicia e do Norte de Portugal na Casa da Cultura de Salvaterra de Miño.

Máis de 200 xoves e profesorado dos sete centros educativos premiados no Certame As imaxes do patrimonio participaron nun acto que tivo como protagonista ao patrimonio inmaterial galego-portugués.

O acto comezou ás 11.30 hs. na Casa da Cultura de Salvaterra de Miño coa presenza da Teniente de Alcalde do Concello de Salvaterra quen deu a benvida aos asistentes. Os centros asistentes leron os textos que acompaban ás imaxes premiadas no certame.

Estes foron os centros que obtiveron os premios:
IES Plurilingüe Fontexería de Muros
CPI Uxío Novoneira de Pedrafita do Cebreiro
Escola Profissional Infante D. Henrique do Porto
Escola EB2/3 Sophia Mello Breyner – Arcozelo. Ponte de Lima
IES Terra de Turonio de Gondomar
IES Ponte Caldelas de Ponte Caldelas
CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón de Salvaterra de Miño. Este centro foi o que logrou o premio especial á maior participación de aí que o acto se celebre no concello de Salvaterra.

Marta Valcárcel agradeceu a Ponte…nas ondas! o traballo realizado a prol do patrimonio común galego-portugués e mostrou a colaboración do concello con Ponte…nas ondas! que naceu na Casa da Cultura hai 23 anos e que tanta proxección está a darlle ao patrimonio.

A Directora Xeral de Patrimonio excusou a súa asistencia debido a un problema familiar de última hora. O acto rematou coa actuación musical de Cé orquestra pantasma.

Santiago Veloso, presidente de Ponte…nas ondas! Agradeceu a asistencia e anunciou a apertura do 2º Certame de AS IMAXES DO PATRIMONIO no que xa poden participar os centros educativos de Galicia e do Norte de Portugal.

As imaxes gañadoras e participantes poden visualizarse ao completo desde esta ligazón:
http://escolasnasondas.com/i-certame-de-fotografia-imaxes-do-patrimonio-as-ganadoras/

VÍDEO BREVE DO EVENTO

 

VÍDEO COMPLETO DO EVENTO

Celebrar o Patrimonio

PONTE…NAS ONDAS! convidou aos centros educativos e á sociedade en xeral a celebrar o DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO CULTURAL este 16 de novembro. Para iso puxo á súa disposición unha serie de recursos educativos sobre o patrimonio  para descargar ou para traballar on line :
http://pontenasondas.org/recursos/

GALERÍA DE IMAXES DO EVENTO

ENTREGA PRÉMIOS - AS IMAGENS DO PATRIMÓNIO

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

Día Internacional do Patrimonio Inmaterial 2024
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas