Ponte... nas Ondas!

Encontro aberto coa presidenta da Deputación de Pontevedra

A Presidenta da Deputación de Pontevedra realizará un acto público de difusión de Ponte…nas ondas! na Área panorámica da Eurocidade Tui-Valença do Minho.

Unha sesión que pretende dar a coñecer o modelo Ponte…nas ondas! Carmela Silva estará acompañada por José Font, director da Radio Municipal de Tui, xornalista e colaborador de Ponte…nas ondas! Tamén participarán as profesoras Esmeralda Carvalho, do Agrupamento de Escolas Muralhas do Minho e Mª Jesús Álvarez Paz, do CEIP Sabarís de Baiona, ambas representantes de Ponte…nas ondas!

O modelo das boas prácticas

A experiencia de Ponte…nas ondas! está considerada como unha das experiencias educativas máis innovadoras e transformadoras do ámbito educativo galego-portugués. O labor realizada co patrimonio inmaterial galego- ortugués a través da radio escolar foi merecedor de recoñecementos tan importantes como o premio Galicia de Comunicación da Xunta de Galicia (2005), o Sello de buena práctica Iberoamericana do Ministerio de Educación de España (2010) ou o premio ONDAS do grupo PRISA, a la mejor cobertura del patrimonio inmaterial gallego-portugués (2014).

Desde o 2015, a UNESCO acreditou a Ponte…nas ondas! como ONG consultora do PCI (Patrimonio Cultural Inmaterial), a única entidade en Galicia.

Camiño da UNESCO

A presentación da candidatura conxunta entre Portugal e España ao rexistro das boas prácticas con PCI da UNESCO supón un novo recoñecemento a este labor.

Nos últimos días téñense producido importantes apoios a esta candidatura. Desde a Xunta de Galicia, o Conselleiro de Educación Román Rodríguez manifestou que “o recoñecemento a unha traxectoria, un traballo e unha experiencia que leva moitos anos desenvolvéndose coa participación de milleiros de nenas, nenos e docentes, e significa poñer en valor non só todo o que se fixo senón tamén darlle un impulso cara a adiante, a todo o que se pode facer”. A Ministra de Educación e Formación Profesional, Pilar Alegría, achegou unha carta de apoio onde considera que a experiencia “é un modelo innovador e un claro exemplo de renovación pedagóxica”, destacando que é “un proxecto educativo que soubo adaptarse aos novos ámbitos da comunicación e dixitalización para constituír un modelo exemplar de retransmisión do patrimonio”.

Do 28 de novembro ao 2 de decembro a UNESCO celebrará a 17ª sesión do Comité Intergobernamental de Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial na capital de Marrocos, en Rabat. Nesta sesión será avaliada a candidatura de Ponte…nas ondas! Ao Rexistro das boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial e será a primeira inscrición para Portugal e para Galicia.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas