Ponte... nas Ondas!

Fallo do VI Certame da Recolla da Tradición Oral

XA ESTÁ AQUÍ O FALLO DO VI CERTAME DE RECOLLA DA TRADICIÓN ORAL GALEGO-PORTUGUESA.

Parabéns aos premiados !

Reunidos dona Mª Ofelia Carnero Vázquez, don Antonio Reigosa Carreiras, como especialistas na materia obxecto de convocatoria e Xerardo Feijoo Rapela da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas Ondas!, constitúense como Xurado do VI Certame de Recolla da Tradición Oral Galego-Portuguesa que versa sobre o tema “Ponte a contar”, e

ACORDAN

  1. Agradecer aos centros de ensino inscritos, profesorado e alumnado, de Galicia e Portugal a súa participación neste VI Certame de Recolla da Tradición Oral Galego-Portuguesa convocado pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas Ondas! co que se pretende, como obxectivo preferente, descubrir ás novas xeracións a existencia dun rico e variado Patrimonio Cultural Común, para o que nesta convocatoria  se estimula a recolla, transmisión e difusión dos contos populares que aínda permanecen na memoria das persoas portadoras do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués.
  2. O Xurado valora a boa calidade da maioría dos traballos presentados a concurso, a idoineidade da metodoloxía empregada e a aplicación das requisitos establecidos nas bases.
  3. O Xurado propón é entidade que convoca o certame xestionar a procura de recursos para editar e difundir os traballos premiados nesta edición e nas anteriores dada a súa calidade e interese como estímulo e exemplo para outros proxectoseducativos similares.
  4. Logo das correspondentes deliberacións, os membros do Xurado acordan outorgar os seguintes premios nas distintas categorías establecidas polas Bases do Certame, tendo en conta, entre outros, os motivos que se expoñen en cada caso:

Categoría Ensino Primario/Ensino Básico

  • 1º Premio: ao proxecto presentado polo Jardín de Infância de Boavista–Aldreu, Agrupamento Vertical de Escolas de Fragoso, coordinado por Jorge Manuel da Fonseca Barbosa, e que leva por título “A Herança da Velhinha”. Válorase a identificación correcta dun auténtico conto  tradicional a través dos seus transmisores, a achega instrutiva e lúdica aos valores que este transmite, e o aproveitamento didáctico modélico do relato coa implicación activa de toda a comunidade escolar.
  • 2º Premio: Ao proxecto presentado pola Escola Básica Integrada de Apúlia, coordinado por Maria  Eiras Enes, e que leva por títulos “A cidade e a aldeia”, “A história do coelhinho branco”, “Lenda da Fonte da Senhora” e “Manel Ceghiño” Válorase o achegamento do alumnado á tradición contística, musical e lendaria popular, a identificación dos portadores e transmisores deses relatos e a recreación no ámbito escolar dos mesmos.

Categoría Ensino Secundario Obrigatorio / Ensino Secundario

  • 1º Premio: ao proxecto conxunto presentado polos centros IES A Sangriña, de A Guarda (Pontevedra), e EB2 3/S Caminha, coordinados respectivamente por Filomena Cruz e Teresa Callis, e que leva por título “A Ínsua”. Valórase  o proxecto colaborativo dos dous centros de ensino en torno a un patrimonio físico e inmaterial inmediato e común, e, como consecuencia, por propiciar a descuberta por parte do alumnado de ambos centros da historia e cultura propias das dúas bandas dunha fronteira só e exclusivamente administrativa.
  • 2º Premio: ao proxecto presentado polo IES Aquis Querquernis, de Bande (Ourense), coordinado por Xoán Carlos Domínguez Alberte, e que leva por título “Sonche contos!”. Valórase a escrupulosidade no cumprimento das bases do certame, a calidade e a cantidade dos textos recompilados e, especialmente, por propiciar a presenza dos portadores deste patrimonio inmaterial no espazo escolar.
  • Accésit Consonte ao establecido nas bases do Certame, os membros do Xurado acordan conceder un accésit ao traballo “Contos con historia” presentado polo alumna Adela Conde Toyos, de 3º de ESO do IES Terra de Turonio, de Gondomar (Pontevedra), baixo a coordinación de Begoña Fernández Lareo. Válorase a iniciativa para a identificación e recompilación deste patrimonio literario oral (tres contos e unha lenda) no ámbito familiar e privado, así como o esforzo individual por compartir valores como o intercambio de saberes e experienciasentre persoas de distintas xeracións.

Categoría Ensino Profesional / Ensino Profissional

  • 1º Premio: ao proxecto presentado pola Escola Profissional Infante Don Henrique, de Porto,  alumnos de segundo e terceiro Curso Profissional de Técnico de Restauração, coordinados por Joana Maria R. F. Varajão Gonçalves Andrade. Valórase o establecemento de pontes de comunicación cos portadores dos saberes culturais tradicionais a través de contos e lendas, en varios casos de temática vencellada aos estudos profesionais dos alumnado participante,  e a contextualización dos mesmos nos ámbitos familiar e veciñal.

Categoría Bacharelato/Ensino Complementar

  • 1º Premio: ao proxecto presentado polo IES Aquis Querquernis, de Bande (Ourense), coordinado por Xoán Carlos Domínguez Alberte, e que responde ao título “As memorias da Baixa Limia”. Valórase o interese por promover o coñecemento dos usos tradicionais dos contos recompilados, e en xeral por contextualizar a literatura popular tradicional, así como polo respecto amosado á lingua dos transmisores nas transcricións da lingua oral.

Categoría Universidade/Ensino Universitario

  • 1º Premio: ao proxecto presentado por Tamara Costas Caamaño, estudante de doutorado na Facultade Química da Universidade de Vigo, e Carlos Álvarez Gómez, Estudante de Grao de Enfermería en Povisa-Universidade de Vigo, polo traballo presentado baixo o título “Contos de cego”. Valórase a identificación, a gravación e recompilación en diferentes lugares e datas, a documentación e transcrición de varios textos e músicas dos chamados “cantares de cego”, historias tradicionalmente divulgadas polos cegos e cegas nas feiras e que constitúe a fase inicial dun complementario estudo máis profundo sobre este  xénero ou subxénero das letras e músicas populares tradicionais.

 

 

En Vigo, a 10 de setembro de 2012

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas