Ponte... nas Ondas!

Fallo do xurado do IV Certame de Recolla

Reunidos dona Mª Ofelia Carnero Vázquez, don Antonio Reigosa Carreiras, como especialistas na materia obxecto de convocatoria, Xerardo Feijoo Rapela, da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas Ondas!,  e José Manuel García Vázquez da Cátedra da Eurrexión da Universidade de Vigo, en representación das entidades convocantes, constitúense como Xurado do IV Certame de Recolla da Tradición Oral Galego-Portuguesa sobre o tema “O Tesouro dos Avós”, e

ACORDAN:

 

1º.-Agradecer aos centros de ensino inscritos, profesorado e alumnado, de Galicia e Portugal a súa participación neste IV Certame de Recolla da Tradición Oral Galego-Portuguesa convocado pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas Ondas! e a Cátedra da Eurorrexión da Universidade de Vigo, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia xunto coa Direção Regional de Educação do Norte de Portugal, certame co que se pretende, como obxectivo preferente, sensibilizar aos máis novos sobre a importancia da transmisión xeneracional de saberes, técnicas e coñecementos

Os traballos presentados a concurso foron 31 procedentes de 23 centros de ensino, correspondendo a cada categoría establecida:

Categoría Ensino Primario/Ensino Básico…………………………………………………..  14

Categoría Ensino Secundario Obrigatorio/Ensino Secundário ………………………. 4

Categoría Bacharelato/Ensino Complementar……………………………………………….. 6

Categoría Ensino Profesional/Ensino Profissional………………………………………….. 4

Categoría Universidade/Ensino Universitário………………………………………………… 3

 

Traballos procedentes de 11 centros de Galicia…………………………………………………………19

Traballos procedentes de 12 centros de Portugal……………………………………………………….12

 

2.-O Xurado valora a alta calidade da maioría dos traballos presentados a concurso, a idoineidade da metodoloxía empregada e a correcta aplicación das condicións e requisitos establecidos nas bases.

 

3.-O Xurado, aínda recoñecendo a dificultade para acadar este obxectivo, consíderase obrigado a solicitar das entidades convocantes e das institucións colaboradores un esforzo na procura de recursos para que os traballos premiados nesta edición e nas anteriores poidan ser editados e difundidos dada a súa calidade e como estímulo e exemplo para outros proxectos cos mesmos obxectivos.

 

4.-Logo das correspondentes deliberacións, os membros do Xurado acordan outorgar os seguintes premios nas distintas categorías establecidas polas Bases do Certame, tendo en conta, entre outros, os motivos que se expoñen en cada caso:

Categoría Ensino Primario/Ensino Básico

1º Premio: ao proxecto presentado polo Jardín de Infância de Boavista – Aldreu, Agrupamento de Escolas de Fragoso, coordinado por Jorge Manuel da Fonseca Barbosa, e que leva por título “Lovezendo e o Monge”.

Válorase a metodoloxía empregada e o desenvolvemento didáctico do proxecto coa implicación activa das familias e de especialistas, o coñecemento da historia e do patrimonio material e inmaterial da contorna  valéndose de  diferentes disciplinas imaxinativas, creativas e lúdicas.

 

2º Premio: Ao proxecto presentado polo CEIP Milladoiro, Malpica (A Coruña, ccordinado por Mª del Carmen Gómez Álvarez, e que leva por título “Lendas de Malpica

Válorase especialmente o intento de actualizar a tradición, a participación directa no propio centro das fontes de saber que constitúen avós e avoas, e a posterior recreación desa información en soportes e formatos de comunicación  cos que os alumnos se sinten máis identificados.

 

Categoría Ensino Secundario Obrigatorio / Ensino Secundario

1º Premio: ao proxecto presentado polo IES Fontem Albei, A Fonsagrada (Lugo), coordinado por Mª Carmen Rodríguez Arias, e que leva por título “Tesouros da Fonsagrada

Valórase  a identificación de portadores e transmisores do saber de varias xeneracións en materias como a música, oficios ou literatura de tradición oral, desde as persoas de maior idade aos máis novos comprometidos coa transmisión dese saber, o elo imprescindible na cadea de transmisión oral. Un exemplo para coñecer o pasado en clave de futuro.

 

 2º Premio: ao proxecto presentado por E.B. 2, 3/S de Valença, ccordinado por Rosa Mendes, e que leva por título “Maias en Maio”.

Valórase o excelente aporte documental sobre unha tradición esmmorecente e a súa interpretación crítica na actualidade desde postulados educativos, culturais e ambientais. Un proxecto pedagóxico que atende ao futuro desde o coñecemento do pasado, ao tempo que provoca a reflexión sobre a vixencia de determinadas tradicións.

 

 

Categoría Ensino Profesional / Ensino Profissional

1º Premio: ao proxecto presentado polo Ciccopn (Centro de Formaçâo Profissional de Indûstria da Construçâo Civil e Obras Pûblicas do Norte) de Avioso, Maia (Portugal), coordinado por Ángela María Ferreira Morais, que leva por título “Máscaras de Lazarim” de Lamego.

Valórase a achega de documental arredor dun Carnaval tradicional atendendo a todos os aspectos desta festa tan importante dentro do ciclo festivo anual atendedo á historia, ritos, oficios e personaxes que a singularizan e distinguen doutras tradicións  semellantes.

 

2º Premio: ao proxecto presentado polo Ciccopn (Centro de Formaçâo Profissional de Indûstria da Construçâo Civil e Obras Pûblicas do Norte) de Avioso, Maia (Portugal), coordinado por Ángela María Ferreira Morais, que leva por título “João Pinto. O Endireita”

Valórase  a proposta para o coñecemento  das historias de vida e das técnicas de curación de determinadas doenzas valéndose da entrevista como método de investigación.

 

 

Categoría Bacharelato/Ensino Complementar

1º Premio: ao proxectos presentados polo IES Aquis Querquernis, de Bande (Ourense), coordinado por Elvira Míguez Campos, e que levan por título “Contos, cántigas e lendas” e “Alimentación tradicional e proceso de poda

Valórase a coorrecta identificación dos saberes e dos seus portadores, o uso do xénero da entrevista como exercicio pedagóxico que estimula o diálogo e a comunicación interxeneracional.

 

2º Premio: ao proxecto presentado polas alumnnas Laura Vila Martínez e Patricia Sobreira Tomé, do IES Álvaro Cunqueiro, Coia, Vigo (Pontevedra), que leva por título “As receitas da avoa

Valórase o interese por coñecer os saberes e técnicas relacionados coa gastronomía, tendo como fonte de coñecemento as súas propias avoas e pola correcta presentación deses coñecementos a través de soportes que fan uso das tecnoloxías da comunicación actuais e de futuro.

 

Categoría Universidade/Ensino Universitario

1º Premio: ao proxecto presentado desde a UTAD, Pólo de Chaves, polos alumnos da turma do Primeiro Ano da Licenciatura em Animçâo Sociocultural e docentes da unidade curricular Métodos de Estudo e de Investigaçâo en Animaçâo Sociocultural, cordinado por Xerardo Pereiro e Isabel Costa, co título “Textos, usos, contextos e significados dos provérbios portugueses. Un estudo em caso de Chaves”.

Valórase o interese do tema obxecto de estudo, así como a metodoloxía empregada o que permite un coñecemeto extenso dos usos, significados, procesos, técnicas e métodos de trasnmisión da materia analisada.

 

2º Premio: ao proxecto presentado e realizado por Sara Abalde Cela e Tamara Costas Caamaño, estudantes na facultade de Químicas da Universiadade de Vigo, co título “Agarrados”.

Valórase  a achega ao coñecemento das técnicas e peculiaridades, coa achega de transcricións melódicas, de diferentes modalidades  ou xéneros de canto, música  e baile tradicionais tendo como obxecto de estudo un amplo abano de informantes ou portadores dunha ampla comarca do sur de Galicia

En Salvaterra de Miño a 13 de setembro de 2010

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas