Gañadoras do concurso do Test do Patrimonio

Rematou o Test do Patrimonio que Ponte…nas Ondas! mantivo aberto desde o pasado novembro (dende a semana previa ao Día Internacional do Patrimonio Mundial e ata o 22 de decembro).

Grazas a todas as persoas que participaron!

E, tal e como anunciamos, entre todos os participantes no test que deixaron os seus datos, sorteáronse os dous premios. Recordamos que cada premio consta dunha noite para ata catro persoas nunha casa rural certificada por Galicia Calidade. Os premios son cortesía de Galicia Calidade.

Realizado o sorteo, as persoas gañadoras son:
Fátima Torre
e
Julia Chivite Mosquera

Parabéns!

O concurso rematou, pero se aínda queredes responder aos desafíos e coñecer un chisco máis sobre o patrimonio inmaterial, o test está aquí dispoñible.

SHARE

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here