O Centro Sociocultural Maruxa e Coralia, en Santiago de Compostela, acolleu esta actividade.
No marco do mes do Patrimonio Inmaterial, rendéuselle homenaxe a dúas persoas portadoras do patrimonio cultural inmaterial de Santiago. Dúas persoas que ademais participaron no seu momento nas actividades de PNO!. Os homenaxeados, xa falecidos, e a quen se lembrou pola contribución que fixeron á cultura local e pola transmisión de saberes e prácticas que enriquecen a identidade, foron o recoñecido gaiteiro Manuel Miramontes, do barrio de San Lázaro, alcuñado como “Bartolo”, e Luz Fandiño, referente da tradición oral e da poesía popular galega. Ambos recibiron un recoñecemento pola súa contribución á cultura local e pola transmisión de saberes e prácticas que enriquecen a identidade da comunidade compostelá.
IMAXES
VÍDEO