Reunidos Anxo Cabada profesor e fotógrafo, Xerardo Pereiro profesor e antropólogo, Cristina Sánchez-Carretero investigadora e antropóloga e Xerardo Feijoo membro da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas Ondas! actuando como secretario con voz e sen voto, constitúense como Xurado do III Certame de fotografía “Imaxes do patrimonio” e
ACORDAN
1º.-Agradecer aos centros de ensino, profesorado e alumnado a súa participación neste III Certame de fotografía “Imaxes do patrimonio” convocado pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas Ondas! co que se pretende, como obxectivo preferente, descubrir ás novas xeracións a existencia dun rico e variado Patrimonio Cultural, para o que propuxemos que á iniciativa dos centros escolares os alumnos e alumnas buscaran, na compaña dos seus familiares, aquelas fotos que conteñan elementos dese patrimonio que queremos dar a coñecer. Nas bases e como complemento desta busca solicitabamos que se completara a participación no certame coa inclusión dun texto explicativo da imaxe.
2º.-O Xurado valorou a gran calidade da maioría dos traballos presentados a concurso e o esforzo mostrado na elaboración do texto que acompaña a cada unha das fotografías polo que propón á entidade que convoca o certame que xestione o deseño de actividades que permitan mostrar e difundir as fotografías presentadas, dada a súa calidade e interese, para a súa divulgación e para que sirvan como estímulo e exemplo para outros proxectos educativos similares.
3º.-Logo das correspondentes deliberacións, os membros do Xurado acordan outorgar os seguintes premios nas distintas categorías establecidas polas Bases do Certame,
Categoría Ensino Primario/Ensino Básico
1º Premio: Rafaela Gomes Teles da Escola Básica e Secundaria de Sobreira
2º Premio: Sira Veloso Zúñiga do CEP Sabarís
3º Premio: Maria João Carvalho do Agrup. Esc. Gondifelos.V.N.Famalicao
Accesit: Mariana Guimarães do Agrupamento de Escolas de Gondifelos
2º Premio: Claudio Afonso Conraria da Escola Básica e Secundária do Agrup. de Esc. Muralhas do Minho, (Valença)
3º Premio: Greta García Salgueiro do IES Valadares
Accesits:
Noelia Cabaleiro Rodríguez do IES Pedras Rubias
Paula Comesaña Pérez do IES Terra de Turonio
Premio Especial á escola que enviou o conxunto maior de fotografías que, cumprindo as bases do Certame teñan grande relevancia polo seu contido: CEP Sabarís
Este site utiliza cookies para permitir uma melhor experiência por parte do utilizador. Ao navegar no site estará a consentir a sua utilização.OkPolítica de privacidade