Ponte... nas Ondas!

IV Certame de Recolla. Acto de entrega de premios.

O 3 de novembro, Ponte…nas ondas! realizou o acto de entrega dos premios do IV Certame de Recolla da Tradición Oral Galego-Portuguesa na sede do CICCOPN  ( Centro de Formação Profissional da Indústria da Construção  Civil e Obras Públicas do Norte ) do concelho de Maia en Portugal.

A este acto estaban convidadas as escolas participantes no IV Certame e as que resultaron premiadas en cada un dos apartados. O acto comezou ás 10.30 hs,. hora local, e estivo animado por un grupo de alumnos africanos do CICCOPN e pola narradora  oral Elba Requeijo de Abadín- Galicia. A acto asistiron tamén os vereadores da cultura dos concelhos de Valença, Maia e Barcelos.

Ao remate da entrega dos premios, houbo un almorzo no  propio centro e posteriormente unha visita guiada ás instalacións do centro.
Colaboran con Ponte…nas ondas! na organización do Certame, a Cátedra de Estudos da Eurorrexión da Universidade de Vigo, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a DREN ( Direcção Regional de Educação do Norte.)

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas