Ponte... nas Ondas!

José Cid recolle en Lisboa o premio Língua Mãe por darlle á canción “Ponte…nas ondas!” o carácter de himno da lusofonia

● O recoñecemento foille outorgado ao artista portugués pola Sociedade Portuguesa de Autores.
● A versión que fixo José Cid para o 30º aniversario de PNO! procede da composición “A ponte” da autoría de Uxía e Sérgio Tannus
● En palabras de José Cid: “O premio é a uma vida de poesia e canções minhas, mas ponte…nas ondas! foi o meu disco de maior audiência e isso influenciou !

No evento celebrado esta cuarta feira, 15 de xullo, en Lisboa, no auditorio Maestro Frederico de Freita, o artista portugués José Cid salientou a súa satisfacción por ter axudado a converter esta peza en himno da lusofonía. Celebrou tamén que o recoñecemento chegue nesta altura da súa carreira, onde supón un colofón de recoñecementos, tanto á súa traxectoria en xeral como á importancia desta peza en particular, e expresou a súa ledicia polo feito de axudar a darlle pulo á composición de Uxía.

Galería de imaxes e vídeos
Premio LÍNGUA MÃE a José Cid

A cerimonia de homenaxe repasou e premiou a longa carreira musical de José Cid, marcada por décadas de creación artística, por cancións que atravesan xeracións e por unha obra excepcional no panorama musical de Portugal e da Lusofonía. José Cid, de 84 anos, ten ademais o premio Latin Grammy a la Excelencia Musical (2019), e destaca cunha carreira de máis de seis décadas, na que ten explorado xéneros como o rock, o pop, o jazz, a música progresiva e a canción melódica.

Presente tamén no acto, falou a cantora galega Uxía, como autora do tema, expresando a agrado por ver como esta súa composición fose levada a himno da lusofonía, lembrando a grande acollida en diversos ámbitos xeográficos dos países lusófonos e as peticións recibidas para a elaboración de diferentes versións

Pola súa banda, o presidente da asociación Ponte… nas Ondas!, Santi Veloso, lembrou a longa traxectoria de máis de tres décadas de PNO!, e destacou a actualidade do proxecto, que é referencia mundial na nova plataforma de boas prácticas da UNESCO.

O cantautor portugués Vitorino, o compositor Carlos Alberto Moniz ou o músico mozambiqueño Stewart Sukuma foron algúns dos artistas que se achegaron tamén ao evento en Lisboa este mércores. Lembramos que a Sociedade Portuguesa de autores é unha entidade que desde 1925 xestiona os Dereitos de Autor en Portugal e ten a súa sede en Lisboa.

Himno á lusofonía

A canción “Ponte…nas ondas!” foi desde o primeiro momento lanzada como un himno para os países da lusofonía e tamén determinante para a concesión do premio por parte da SPA. A partir da composición “A ponte…nas ondas!” de Uxía e Sérgio Tannus, José Cid realizou unha versión co nome “Ponte…nas ondas!” e lanzado con motivo do 30 aniversario de PNO!

No videoclip publicado en abril de 2025 descríbese a composición como: “Ponte… nas ondas! “Mais do que uma grande canção, é um poema poderoso da galega Uxía, que já se tornou um movimento da Lusofonia, nascido na Galiza e apoiado pela UNESCO! José Cid foi o cantor nacional convidado pela autora para representar este movimento no âmbito da Lusofonia Mundial. Esta grande interpretação, é um feito surpreendente para um jovem cantor de 83… anos de idade! Um tema relevante que une povos, gentes e nações de todos os cantos do mundo. O vídeo é simples e orgânico, com a informação necessária para destacar tanto a força da canção quanto a grande interpretação! “Ponte… nas ondas!” – agora na vossa rádio.

Outros autores que xa foron premiados con esta distinción foron Paulo de Carvalho, Jorge Palma, Fernando Tordo, Sérgio Godinho e Tozé Brito.

Ao evento asitirá unha representación de Ponte…nas ondas! xunto con Uxía, a compositora de “A ponte” e tamén será un acto de recoñecemento a Ponte…nas ondas! como un proxecto de referencia a nivel mundial.

Ponte…nas ondas! José Cid

A ponte…nas ondas! Uxía e Sérgio Tannus

Preme aquí para descargar a letra

DEIXE UMA RESPOSTA

Por favor digite seu comentário!
Por favor, digite seu nome aqui

Baner Modelo PNO!
PNO! 9º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Así foi o evento do 30 aniversario de PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas