Ponte... nas Ondas!

Lisboa vibrou ao son das ondas do patrimonio

• O Centro Galego acolleu con moito éxito a segunda xornada de Ponte…nas Ondas! en Lisboa, logo da festa do patrimonio na véspera no Instituto Español de Lisboa Giner de los Ríos.
• Unha delegación de alumnos, profesores e músicos galegos integrou esta representación homóloga en Lisboa para presentar o modelo Ponte…nas ondas! de boas prácticas co patrimonio cultural inmaterial (PCI) que a UNESCO inscribiu en decembro de 2022 a proposta de Portugal e España.

Festa grande do patrimonio inmaterial galego-portugués esta semana en Lisboa, que pechou cunha sesión aberta ao público xeral no Centro Galego de Lisboa. Segundo o guión previsto, o programa “radiovisual” comeceu coa participación do presidente do centro Xesús Bescos.

De seguido, e como representación da emigración galega a Lisboa, o alumnado entrevistou a Graciano Espinheira, de Barciademera, o creador da popular bebida “ginginha”. A súa família foi para Lisboa a mediados do século XIX e o seu bisavó fundou a empresa veio para Lisboa em meados do século XIX. Segundo el mesmo relatou, o seu bisavô, Francisco Espinheira Cousiño, forma a empresa da cal é xa a cuarta xeración. Neste momento o seu fillo máis vello encóntrase á frente do negocio da Ginginha.

Roberto, Paula, Ales e Zulema conforman o grupo de pandereita Ghalderios do Centro Galego de Lisboa, que alén de actuar para o público presente, relatou o seu labor de transmisión da música galega tradicional.

Luiz Caracol e a gran madriña de Ponte…nas Ondas!, a cantora galega Uxía, quen tamén foi entrevistada polo alumnado, fixeron gozar tamén á audiencia coa súa música. E o apartado musical contou tamén con Paulo Marinho, nado en Lisboa, instrumentista, profesor, investigador, divulgador, compositor e construtor. Marinho dedícase ao mundo da gaita tal vez pola orixe da súa familia paterna en Valença do Minho. En 1983 integrou o grupo musical “Sétima Legião” e no ano seguinte o grupo de danzas e cantares Anaquiños da Terra da Xuventude da Galiza – Centro Galego de Lisboa. En 1992 foi un dos fundadores do grupo musical “Gaiteiros de Lisboa”. En 1999 foi un dos fundadores da “APEDGF – Associação Portuguesa para o Estudo e Divulgação da Gaita de Foles”.

Hai que lembrar que, para a celebrar o X aniversario de Ponte…nas ondas! os Gaiteiros de Lisboa e o grupo Treixadura gravaron hai xa vinte anos, en 2004, o videoclip “A chula da póvoa/Nosa señora da Guía” incluído no disco-libro Na ponte (2012)

https://youtu.be/HyaUvp-pNB8?si=29ptkLkTKkoY9c_4

As actividades relizadas en Lisboa contaron coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, do IE de Lisboa e do Centro Galego de Lisboa.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Día Internacional do Patrimonio Inmaterial 2024
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas