Ponte... nas Ondas!

Na onda de Fraguas

Antonio Fraguas foi un incansable traballador en prol da cultura popular, da herdanza que de xeración en xeración se vai transmitindo e desde a que cada un de nós interpretamos o mundo. Desde a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas Ondas!, que cumprirá axiña 25 anos de traxectoria, compartimos a arela e convidsmos a deixarnos seducir pola paixón inspiradora de Fraguas para xuntar esforzos en favor da na preservación, difusión e transmisión do patrimonio inmaterial galego-portugués no mundo. 

A radio
Fraguas foi a primeira voz da radio en Galicia e a través da súa narración puidemos coñecer como foron os rudimentarios inicios da radio en Galicia que comezaba cun equipamento usado desbotado de Radio Castilla, o emisor EAJ-4.

Segundo o profesor da USC Xosé Ramón Pousa, “tiña pouca potencia, pero como en Galicia non estaba emitindo ningunha outra emisora escoitábase en practicamente todos os lados, tiña un alcance moi superior ao que tería hoxe porque non había saturación electromagnética”.

Fraguas era membro da Liga Santiaguesa Pro-Estatuto e era consciente das posibilidades que o novo medio ofrecía para a difusión do ideario galeguista. Escollendo a lectura duns versos de Nao senlleira de Fermín Bouza Brey, segundo Xosé Ramón Pousa, “ quixo quizais facer un símil entre a navegación das ondas electromagnéticas e o mar, o tema do libro de Bouza Brey”.

Ponte…nas ondas! foi a primeira iniciativa que puxo en valor as radios escolares como un medio de divulgar o patrimonio inmaterial.

O patrimonio oral
No ronsel de Antonio Fraguas vemos como no seu labor se reuniron a paixón pola recuperación e transmisión do patrimonio a través das ondas. Un patrimonio oral e inmaterial que Fraguas recolleu na súa contorna, preservou en forma impresa e tamén deu a coñecer a través da radio.

A relación con Portugal
Igual que o fixeran o membros das Irmandades da Fala, da Xeración Nós e do Seminario de Estudos Galegos, Antonio Fraguas mantivo diversas colaboracións con publicacións e entidades de Portugal.

Foi colaborador da revista do Museu de Etnografía do Porto e do semanario rexionalista O Arauto que se publicaba en Santo Tirso. Membro da Associaçao dos Arqueólogos Portugueses e da Sociedade Portuguesa de Etnologia e Arqueologia.​

O mestre
A paixón pola docencia de Fraguas é ben coñecida e está documentada por testemuñas que foron seus alumnos. Mais merece destacar o seu labor para poñer en valor o patrimonio cultural, a cultura popular. Antonio Fraguas descobre cos seus alumnos a contorna con visitas ao medio e con recollas das expresións orais.

O patrimonio inmaterial

Ponte…nas ondas ! continúa o labor de Antonio Fraguas re-transmitindo este patrimonio ás novas xeracións mediante os traballos que se desenvolven nas escolas e que a través do portal do patrimonio inmaterial (www.opatrimonio.org) están a disposición pública e tamén con recursos descargables e interactivos sobre o patrimonio de libre uso para os fogares e as aulas: http://pontenasondas.org/recursos/ 

Antonio Fraguas é un facho de luz no que se ve retratado o labor de Ponte…nas ondas!

DEIXE UMA RESPOSTA

Por favor digite seu comentário!
Por favor, digite seu nome aqui

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas