Ponte... nas Ondas!

O Día Internacional do Patrimonio converte a Ourense no centro do Patrimonio Cultural Inmaterial

O Congreso “PCI e educación: ponte entre escola e sociedade” reúne a especialistas de todo o mundo

• A UNESCO intervén na primeira xornada do Congreso desde a división de Patrimonio vivo en París
• Á inauguración oficial asisten o Conselleiro de Educación, a Directora Xeral de Patrimonio, o Secretário de Estado de Educação de Portugal e o presidente da Deputación de Ourense
• As boas prácticas co PCI na península ibérica xuntaranse nunha mesa de debate para divulgar as súas experiencias
• Dúas exposicións mostraranse na Facultade de Educación: “Bens de PCI de España inscritos na UNESCO” e “As imaxes do patrimonio”
• De xeito paralelo ao evento, o Concello de Ourense organizará unha actividade para achegar os xogos tradicionais á rapazada, o xoves 16, na Praza Maior. Máis de 200 alumnos de diferentes centros educativos participarán nunha práctica co património lúdico con peóns e outros xogos tradicionais.

Ponte entre escola e sociedade

O modelo internacional de educación en materia de patrimonio Ponte… nas Ondas!, recoñecido pola UNESCO hai un ano é o foco das xornadas que se van desenvolver en Ourense o 16, 17 e 18 de novembro. A cita coincide co 20 aniversario da Convención de Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) da UNESCO.

O Congreso desenvolverase na Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo e en Vilarelho da Raia (Chaves, Portugal). Especialistas de todo o mundo participarán nas conferencias, comunicacións, mesas redondas e debates arredor da integración do patrimonio cultural inmaterial na educación. As boas prácticas neste ámbito terán un lugar destacado no congreso e o “modelo” Ponte…nas ondas! dialogará con outras da península ibérica. Ademais mostraranse dúas exposicións:

• “Os bens de PCI inscritos na UNESCO de España”, una exposición con motivo do 20 aniversario da Convención do PCI cedida polo Ministerio de Cultura que se expón por primeira vez en Galicia.

• “As imaxes do patrimonio”, unha mostra dos traballos do Certame do mesmo nome e que xa foron editados no libro “Memoria e patrimonio”.

O día 16 de novembro, haberá un evento paralelo, dirixido ao público infantil, que terá lugar de 11 a 13 horas, na Praza Maior, e no que máis de 200 escolares de Primaria coñecerán unha ampla mostra de xogos tradicionais, que aprenderán a practicar coa axuda de monitores.

INFORMACIÓN E PROGRAMA DO CONGRESO: http://pontenasondas.org/congreso-2023/

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas