Ponte... nas Ondas!

O IES Fontexería elabora unha nova publicación de #AsImaxesdoPatrimonio

Esta 4ª publicación do EDLG coincide coa XXXIV Semana Cultural que conmemora tamén os 40 anos do centro educativo.

Baixo a coordinación do EDLG, o IES Plurilingüe Fontexería é unha das comunidades educativas que máis leva traballado sobre o patrimonio inmaterial e participado durante varios cursos no certame “As imaxes do Patrimonio” organizado por Ponte… nas Ondas!, con moita implicación de profesorado, alumnado e familias.

Unha vez máis, o centro elaborou unha publicación especial que recolle o traballo realizado durante o curso arredor do certame. Desta volta, a actividade desenvolveuse durante o curso 21/22, co alumnado de 4º da ESO, baixo a supervisión do profesor X. Lois García Costa e co alumnado de 1º Bacharelato, supervisado pola profesora Xacinta Varela Martínez.

Segundo nos contan, esta 4ª publicación do EDLG “coincide coa XXXIV Semana Cultural na que conmemoramos tamén os 40 anos do IES Plurilingüe Fontexería. Ademáis dos libriños impresos, que xa están expostos na Biblioteca do centro, deixamos aquí a ligazón para a edición dixital a modo de edilim. Agardamos que a lectura sexa agradable”.

Preme aquí para ver a publicación en liña: https://online.fliphtml5.com/brdkb/fbcr/#p=6

DEIXE UMA RESPOSTA

Por favor digite seu comentário!
Por favor, digite seu nome aqui

Día Internacional do Patrimonio Inmaterial 2024
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas