Ponte... nas Ondas!

Obradoiro de Ponte…nas ondas! no CEIP A Ramallosa de Teo

Este martes 19, as 12.30 hs. Ponte…nas ondas! realizará un obradoiro no CEIP A Ramallosa de Teo para o alumnado de 5º curso coa participación de Pancho Álvarez, músico e investigador musical.

O obradoiro O PATRIMONIO NAS ONDAS pretende transmitir aos asistentes as expresións musicais do patrimonio cultural inmaterial galego-portugués, especialmente ás novas xeracións, dunha forma dinámica e lúdica na que os participantes se sintan intérpretes e protagonistas a través dunha sesión con música realizada en directo.

É unha actividade na que se presenta un conxunto de instrumentos musicais tradicionais para que os asistentes teñan un achegamento ao patrimonio musical galegoportugués ao longo da historia. Pancho Álvarez vai interprentando as músicas nun formato “radiovisual” na que o alumnado conduce unha entrevista e ao mesmo tempo participa na interpretación dos temas musicais. A partir da presentación inicial, os condutores do programa irán preguntándolle a Pancho Álvarez polo proxecto “O patrimonio nas ondas” baseado no seu último traballo “Cordas históricas”. Pancho Álvarez comezará presentado os diversos instrumentos relativos a diferentes periodos históricos.

O contido musical abrangue un amplo conxunto de melodias, cantigas medievais, muiñeiras, xotas, alboradas, viras, cana verde, mallãos. Os instrumentos de corda, desde unha lira da idade de bronce, atopada nun petróglifo no norte de Portugal, ata a guitarra eléctrica, pasando polo organistrum, zanfona, arpas medievais, rota, salterios, fidulas, citolas (moitos deles presentes en distintos pórticos galegos), vihuela renacentista, viola de gamba, guitarras barroca e romántica, etc. Serán descubertos e escoitaranse baixo a referencia da música tradicional galega e portuguesa.

Os obradoiros O PATRIMONIO NAS ONDAS contan co patrocinio da Deputación de A Coruña e son coordinados por Ponte…nas ondas! Enmárcanse no modelo Ponte…nas ondas! de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial que a UNESCO rexistrou en 2022 a proposta de Portugal e España.

DEIXE UMA RESPOSTA

Por favor digite seu comentário!
Por favor, digite seu nome aqui

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas