Ponte... nas Ondas!

Obradoiros ‘Escolas nas Ondas’: Visita a Terras de Maside!

No CPI Terras de Maside. Noraboa polo traballo! Aló polo mércores 9 de Novembro, marchamos cara a terras ourensás e estivemos en Maside, cos rapaces de 3º da ESO.

E foi un pracer traballar con eles, traballaron moito, estiveron moi atentos e participativos. E polo visto, pasárono ben e aprenderon un chisco de radio e de podcast, e como non, de interpretación narrativa. Escoita aquí o seu podcast!

Cada texto ten a súa intención e a súa forma de interpretalo…. O seu titor é Javier, que estivo en todo o momento con nós, traballando, participando e axudándonos moito. Grazas ao seu titor, director, e sobre todo aos alumnos e ás alumnas pola súa disposición para todo, e por todas as facilidades que nos deron…. unha marabilla traballar en Maside!

Aquí podedes escoitar as súas voces: Podcast do Obradoiro en Terras de Maside

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas