Ponte... nas Ondas!

Pancho Álvarez presenta o documental ‘Florencio, o cego dos Vilares’

Desde Homero ata os nosos días, os cegos sempre mostraron unha especial sensibilidade nas distintas expresións artísticas. Normalmente desenvolvían aptitudes que compensaban a súa carencia.

Nos anos 80 do século pasado, a aparición da ONCE ofrece unha cobertura social que abriría moitas portas, pero ata ese momento as opcións que tiñan os cegos para situarse no mercado laboral eran escasas. Unha delas era dedicarse á música.

Antigamente, se un rapaz ou rapaza tiña aptitudes para aprender a tocar algún instrumento podía asistir a un centro, como o Colexio de Xordo-Mudos e de Cegos en Santiago de Compostela ou podía adquirir estudos musicais que outros cegos músicos impartían. Unha vez adquiridos os coñecementos oportunos unha das opcións que tiñan era realizar as actividades propias dos cegos músicos ambulantes nas rúas: “canto de coplas” que logo vendían impresas nos pregos de cordel, bailes, cegadas, animación de vodas, bautizos, ruadas, feiras, romarías e todo tipo de eventos aos que se lles convidase.

Este é o caso do personaxe que presento neste documental: Florencio López, o cego dos Vilares.

Actividade no marco do Mes do Patrimonio

🗓️ Este venres 8 de novembro ás19:00 h
📍 Sala Magán-Centro Sociocultural de Santa Marta. Santiago de Compostela

🎥 Proxección do documental “Florencio, o cego dos Vilares” de Pancho Álvarez
🗣️🎶🎻 Coloquio e música con Pancho Álvarez

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas