PNO! convidada a participar na primeira mesa de boas prácticas, a seguir da intervención de António Sampaio da Nóvoa, o pedagogo e ex-embaixador de Portugal na UNESCO que entregou a candidatura de Ponte…nas ondas! ás boas prácticas co PCI.
Santiago Veloso presentou a un numeroso auditorio de profesorado o «modelo PNO! de boas prácticas co PCI» e convidou ás escolas do distrito de Bragança a implantar o modelo nos seus centros e a participar nas actividades de PNO! Tamén convidu ás escolas a sumarense ao 30 aniversario que se vai celebrar ao longo do ano 2025.
Durante o encontro presentáronse boas prácticas que están a desenvolver as escolas. Un exemplo foi o Agrupamento de Miranda do Douro quen levou a un grupo de pauliteiras da escola e realizaron unha actuación no marco do encontro de profesorado. Ademais realizáronse visitas para coñecer o patrimonio cultural da comarca.