Ponte... nas Ondas!

PNO! felicita o 20 aniversário do Instuto Cultural Casa do Béradêro

  • O colectivo brasileiro visitou Galicia en 2004 da man de Ponte… nas Ondas!
  • Promovido polo cantautor Chico César para axudar a nenas e nenos con poucos recursos económicos o Instituto Béradêro usa as artes, en especial a música, para a formación cidadá da mocidade

A realización de acordos de colaboración con diversas entidades e institucións brasileiras foi un dos obxectivos de Ponte…nas ondas! ao longo da súa historia. E nesa traxectoria, ocupa un lugar relevante a toma de contacto co Instituto Cultural Casa do Béradêro, unha iniciativa promovida polo cantautor brasileiro Chico César para axudar aos nenos e nenas con poucos recursos económicos do estado do Paraíba no Brasil, e darlles unha formación musical que lles abra novos horizontes.

Ponte…nas ondas! felicita o Instituto Béradêro con motivo do seu 20 aniversario este 2021. Recordan desde a asociación galego-portuguesa a visita a Galicia en maio de 2004, para participar na experiencia de radio interescolar de Ponte…nas Ondas!. Daquela, a Orquestra Gente que Encanta, con músicos con idades comprendidas entre os 12 e os 25 anos, ofreceu nos seus concertos un repertorio clásico con obras de Bach, Haendel, Schumann, Strauss, etc e un repertorio de música tradicional nordestina de autores como Luis Gonzaga ou Catulo da P. Cearense. As actuacións musicais completáronse cunha conferencia e a proxección dun vídeo do proxecto. A xira incluíu concertos e visitas a escolas de Vigo, Pontevedra, Redondela, Gondomar, O Porriño, Baiona ou Allariz. Tamén a participación no programa “Portugal no Coração”, da RTP1 e “Luar”, da TVG.

A orquestra brasileira gravou tamén no estudio Casa de Tolos e realizou unha pequena participación no disco Meniños Cantores. A visita do alumnado e docentes do Instituto Cultural Casa do Béradêro rematou o 17 de maio, na Mostra da Oralidade Galego-Portuguesa celebrada no Teatro Principal de Pontevedra.

20 anos axudando a infancia desde as artes

A sede do Instituto está situada en Catolé de Rocha a capital do estado do Paraíba, no nordeste do Brasil. O proxecto é desenvolvido coa axuda económica de numerosas institucións públicas, como o Concello de Catolé de Rocha ou a Universidade Federal do Paraíba; ademais algunhas empresas privadas e a poboación en xeral colaboran no proxecto. Pero o seu mellor embaixador é o cantautor brasileiro Chico César, que é o fornecedor dunha parte importante de recursos publicitarios e económicos.

Coa axuda da irmá Iracy e numerosas institucións públicas e empresas privadas o Instituto Cultural Casa do Béradêro pretende, por medio da música “promover o desenvolvemento humano e resgatar a auto-estima de crianças e adolescentes da regiao de Catolé de Rocha através da valorizaçao da cultura nordestina”.

Pontes… no Brasil!

Froito desa vontade de PNO! de afondar no vencello con Brasil son exemplo tamén a primeira visita dunha representación do Colégio Pedro II de Rio de Janeiro a coñecer in situ a experiencia de PNO! e a súa posterior participación en varias edicións da xornada escolar de comunicación. Tamén a participación doutros centros educativos como a Escola Francisca Leite ou a Escola Teodosio Oliveira Ledo de Boavista que tamén visitaron Galiza no 20 aniversario de Ponte…nas ondas!

PNO! participou ademais no VIII Encontro das Escolas Asociadas á UNESCO do Brasil en São Luis do Maranhao, presentando a súa experiencia. A asociación tamén foi convidada ao 3º Congresso de Graduaçao e Pesquisa da Universidade Estadual da Paraiba, onde se realizou unha exposición do traballo desenvolvido co patrimonio inmaterial galego-portugués. No XIX Congreso Mundial de Educadores e Educadoras organizado en 2017 na Universidade Estadual de Campinas, que reuniu case un milleiro de docentes baixo o lema “Eu sou porque nós somos”, Ponte…nas ondas! presentou a sua experiencia na Mesa dos Povos da Lusofonia xunto con outros proxectos de diferentes países.

Álbum de imaxes da visita

https://flic.kr/s/aHsmVg4KQN

Béradêro Galiza-Portugal 2004

A Peneira – bonus track no DVD de Meniños Cantores

https://youtu.be/ie5HbgUBxSU

DEIXE UMA RESPOSTA

Por favor digite seu comentário!
Por favor, digite seu nome aqui

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas