Ponte... nas Ondas!

PNO! promove a creación dun centro de referencia do patrimonio inmaterial galego-portugués

  • A asociación asina un memorando de colaboración coa Câmara Municipal de Valença e o Agrupamento Europeu de Cooperação Territorial do Rio Minho (AECT Rio Minho)
  • Logo de ser elixida dentro do programa LIVHES-SUDOE como experiencia de boas prácticas representativa da Eurorrexión, a sinatura de PNO! deste memorando é un primeiro paso para a creación do Centro do patrimonio inmaterial galego-portugués, unha proposta de Ponte…nas ondas!

A procura de PNO! dun espazo físico que funcione como Centro de Patrimonio Cultural Inmaterial Transfronteirizo está máis cerca despois do acordo asinado esta semana no ámbito do proxecto Livhes-Sudoe.

No marco deste Proxecto Livhes, cofinanciado polo programa Interreg.Sudoe 2014-2020, a Câmara Municipal de Valença, o Agrupamento Europeu de Cooperação Territorial do Rio Minho (AECT Rio Minho) e a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas Ondas! asinaron un protocolo de colaboración para o desenvolvemento de accións de preservación do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI).

PNO! propuxo un espazo con funcións de repositorio cultural, destinado a patrimonio cultural inmaterial galego-portugués denominado o Centro do Patrimonio. – Centro PCI. O obxectivo é a creación dun espazo vivo, máis aló dun museo tradicional, con exposicións, proxeccións, palestras etc.

Segundo os compromisos asinados, a CM Valença cederá a PNO! un espazo a definir no Concello para a instalación do repositorio cultural do PCI transfronteirizo. A CM Valença comprométese tamén a contribuír á valorización deste repositorio cultural nos próximos anos. Este centro PCI abranguerá un espazo de documentación e actividades (oficinas, concertos, palestras, exposicións temporais etc) e terá tamén unha exposición permanente arredor de cinco áreas temáticas: tradicións orais, contos e lendas, cultura marítimo-fluvial, cultura agraria e ciclo festivo anual. Establecerá ademais sinerxias con outros proxectos museolóxicos do territorio transfronteirizo. Pola súa banda, a AECT Rio Minho realizará a plataforma dixital do centro PCI, iniciativa para a que contará coa colaboración a nivel de contidos de PNO!.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 8º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas