Ponte... nas Ondas!

PNO! reivindica unhas Letras Galegas universais coa foliada das letras galego-portuguesas “Agora Cantamos Nós!”

• Celebrarase o venres 23 de maio, coa participación de escolas galegas e portuguesas e agrupacións musicais das dúas beiras do Miño.

• O proxecto inclúe a gravación dun audiovisual documental e a publicación dun Cancioneiro galego-portugués.

• A iniciativa está apoiada polo Concello de Santiago de Compostela, a Secretaría Xeral da Lingua, o Consello da Cultura Galega e a Deputación da Coruña.

A celebración do ano das Letras Galegas 2025 é unha oportunidade para reivindicar o patrimonio oral galego-portugués, un patrimonio compartido coa lusofonía e que Ponte…nas ondas! vén divulgando e transmitindo ás novas xeracións.

Exemplo dese traballo divulgativo foi a recente multiemisión do 26 marzo desde 9 lugares de Galicia e Portugal coa que PNO! celebrou o seu 30 aniversario. Un evento onde puideron visibilizarse diversas actividades propostas polas escolas co foco na transmisión do cancioneiro tradicional ás novas xeracións.

Con ese espírito xorde a foliada do 23 de maio, que vai xuntar en Compostela a grupos de música, baile e pandeireteiras de 15 centros educativos de Galicia e Portugal nunha romaría das Letras Galego-Portuguesas.

FOLIADA AGORA CANTAMOS NÓS !

A literatura oral popular e o cancioneiro tradicional, que se celebran este ano nas Letras Galegas, son un patrimonio compartido con Portugal e cos demais países de lingua portuguesa.
Ponte…nas ondas! como ONG consultora da UNESCO para o Patrimonio Cultural Inmaterial, única entidade acreditada en Galicia, pretende dar a coñecer este cancioneiro común ás novas xeracións de ambos territorios. Unha tarefa que enfía a Recomendación sobre a Salvagarda da Cultura Tradicional e Popular, adoptada pola UNESCO o 15 de novembro de 1989. O documento afirma que “a literatura oral tradicional e popular fai parte do patrimonio cultural da humanidade e merece ser recoñecida, valorizada e preservada”. E conclúe que “ a literatura oral tradicional e recoñecida como unha forma esencial da cultura popular que debe ser salvagardada como patrimonio cultural inmaterial da humanidade debido ao seu papel fundamental na preseervación da identidade, historia e valores das comunidades”.

Unhas letras que son un patrimonio compartido e que fan da literatura galega unha expresión universal que non só aprenden e coñecen as novas xeracións de Galicia e Portugal, senón que tamén outras persoas doutros lugares cantan e bailan coas mesmas palabras.

A Foliada das Letras Galego-Portuguesas é así unha celebración para que o alumnado comparta un día de festa con outros grupos de escolas galegas e portuguesas. Ao mesmo tempo, grupos de música profesionais e persoas portadoras da tradición oral intervirán na foliada para que se produza a necesaria transmisión dos seus saberes aos asistentes.

Está prevista a asistencia de centros de toda a xeografía galega e do Norte de Portugal estimando a asistencia de 500 mozos e mozas.

O Concello de Santiago de Compostela, a Secretaría Xeral da Lingua, o Consello da Cultura Galega e a Deputación de A Coruña colaboran e apoian a celebración desta Foliada e a edición do Cancioneiro galego-portugués.

O PROGRAMA DA FOLIADA

10.15 h. a 13.20 h. Bloque 1:
CEIP López Ferreiro. Compostela
IES de Ames
IES Barra. Ponteareas
CEIP Cardenal Quiroga. Compostela
IES Eduardo Pondal. Ponteceso
CEIP Seis do Nadal. Vigo
CEIP Petelos.Mos
Escola Nadir Afonso. Chaves
CEP Altamira. Salceda de Caselas
CEP Carlos Casares. Salvaterra de Miño

13.20 h. a 13.50 h. Actuación DE VACAS

13.50 h. a 14.20 h. Xantar e actuacion de OS FONDAOS DO PÍNFARO

14.20 h. a 15.20 h. Bloque 2:
IES de Salvaterra de Miño
Escola Profissional de Celorico de Basto
IES Alexandre Bóveda. Vigo
IES San Clemente. Compostela
CEIP A Ramallosa. Teo

O CANCIONEIRO GALEGO-PORTUGUÉS

Ponte…nas ondas! promove a publicación dun cancioneiro tradicional galego-portugués cunha escolma de cantigas comúns a Galicia e Portugal e que tamén se espallaron polos países de lingua portuguesa. Este cancioneiro que mostrará as afinidades entre as letras das cantigas chegará aos centros educativos no outono e vaise divulgar tamén en Portugal.

Preme para descargar programa e cartel (.pdf)

Preme aquí para descargar o cartel en formato jpg

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

Foliada Agora Cantamos Nós! Baner Modelo PNO!
Campaña Subscríbete ao Galego
Así foi o evento do 30 aniversario de PNO! PNO! 8º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas