Ponte... nas Ondas!

PNO! XVI Premio Rosalía de Castro de Lingua da Deputación da Coruña

• A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas ondas!, foi recoñecida na categoría para entidades.

• Premiados tamén o filólogo e catedrático emérito Xosé Ramón Freixeiro Mato, na categoría para persoas; e os proxectos CeibaRimas e Galego para peques, galardoados ‘ex aequo’ na categoría das iniciativas de dinamización para a poboación de menor idade.

• O xurado, presidido pola deputada Sol Agra e formado por Pilar García Negro, Mariló Candedo Gunturiz e Arcadio González Nóvoa, salientou o labor dos galardoados na promoción e dignificación social do patrimonio lingüístico galego.

O xurado dos prestixioso Premio Rosalía de Castro de Lingua, decidiu nesta XVI edición, que o recoñecemento na categoría B (a destinada a entidades que destaquen na promoción da lingua galega), é nesta ocasión para a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas ondas!, que gaña o premio, segundo a resolución, “por constituír unha iniciativa educativa e cultural pioneira que leva promovendo, dende 1995, o uso da lingua galega en contextos reais, creativos e interxeracionais”.

“A través dunha metodoloxía participativa e transfronteiriza, o proxecto consolidouse como unha ferramenta eficaz na valorización, normalización e proxección internacional da lingua galega. Esta metodoloxía foi avalada e recoñecida pola UNESCO como un modelo de boas prácticas co patrimonio cultural inmaterial. O proxecto integra o galego como lingua vehicular en actividades comunicativas nos centros escolares (radio escolar, podcast, vídeos, certames…), favorecendo a súa aprendizaxe funcional e o seu uso espontáneo entre o alumnado”. O comité avaliador tamén destacou que “todas as actividades e proxectos que desenvolve Ponte…nas ondas! son de carácter transfronteirizo e están abertos á participación de centros educativos e entidades da lusofonía”.

O xurado, presidido pola deputada de Lingua, Soledad Agra, tivo como vocais os gañadores da pasada edición: a escritora, sociolingüista, política e profesora Pilar García Negro; a pedagoga Mariló Candedo Gunturiz, en representación de Nova Escola Galega, e o profesor e músico Arcadio González Nóvoa, do proxecto Aquí tamén se fala. Como secretaria actuou Dores Sánchez Alegre, técnica de normalización lingüística da Deputación.

Unha traxectoria chea de recoñecementos para alumnado e docentes

Este 2025, PNO! celebra tres décadas a difundir, preservar e valorizar o PCI de Galiza e Portugal, a través da dinamización de programas radiofónicos, actividades e proxectos desenvolvidos, quer en contextos educativos, quer en contextos informais, xunto das comunidades portadoras.

PNO! foi considerada pola UNESCO, en 2022, como un “Modelo de Boas Prácticas de Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)”, nunha candidatura presentada por parte de Portugal e España que deu na primeira inscrición nesta lista para Portugal e Galicia.

PNO! recibiu tamén en anos recentes o Premio da Cultura Galega 2023, na categoría de Lingua; o Premio Especial do Xurado aRi[t]mar á Embaixada da Amizade Galego-Lusófona e a Medalla Municipal ao Mérito outorgada pola Câmara Municipal de Valença, en 2022; o Premio Meendinho, en 2021 ou o Premio Lois Peña Novo, en 2017. Anteriormente, PNO! acadou tamén entre outros recoñecementos, o Premio Ondas (2014), o Premio “Bos e Xenerosos” da Asociación de Escritores en Lingua Galega (2005) ou o Premio Galicia de Comunicación (2005).

DEIXE UMA RESPOSTA

Por favor digite seu comentário!
Por favor, digite seu nome aqui

Foliada Agora Cantamos Nós! Baner Modelo PNO!
Campaña Subscríbete ao Galego
Así foi o evento do 30 aniversario de PNO! PNO! 8º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas