Podcast – Secundaria – 2023

77

77

Aluna: Ana Francisca Rocha Carvalho, 3º Ciclo (8.º ano)
Agrupamento de Escolas do Vale de São Torcato (Guimarães)

A guitarra portuguesa do meu trisavô

A fotografia que escolhi, entre várias da minha família, é de 1962. Nela podemos ver o meu trisavô, que se chamava Abel Ferreira e era casado com uma senhora chamada Delfina, com quem teve nove filhos. A sua profissão era guarda nacional republicano.
Ele está a tocar uma guitarra portuguesa. Costumava passar a tarde de domingo em família e animava as tardes com a guitarra portuguesa. E tocava os belos fados da Amália Rodrigues! A fotografia foi tirada na casa da minha bisavó, que se chamava Felisbela, na rua da Cruz d’Argola, em Guimarães. O Abel Ferreira morreu com 96 anos na casa onde foi tirada esta fotografia.
Eu escolhi esta fotografia porque, para mim, simboliza a música, a guitarra portuguesa e como as pessoas se divertiam. Acima de tudo, despertou a minha curiosidade sobre quem estava na fotografia e o que faziam.
Antigamente, em casa deles não havia televisão. Então, o meu trisavô decidiu comprar uma guitarra portuguesa.
Esta foto tem um valor sentimental muito grande porque a minha avó, que se chama Preciosa, está nessa foto! Ela tinha 12 anos e acompanhava o seu avô (e meu trisavô) a cantar.
Hoje em dia já não se passa as tardes a cantar e a tocar. Temos as tecnologias…
Mas, sabem, a minha avó ainda se lembra das canções que cantava, acompanhada pelo seu avô e a guitarra portuguesa! Esta já não existe lá em casa, mas a minha avó Preciosa aceitou cantar uma canção. Que bom é ouvi-la cantar!

88

88

Aluna: Matilde Martins Freitas, 3.º Ciclo (8.º ano)

Agrupamento de Escolas do Vale de São Torcato (Guimarães)

Duas fotografias diminuem a distância

Na fotografia do lado esquerdo, tirada em agosto de 1967, está o meu avô. Ele estava no acampamento militar de Mamarrosa, em Angola, cujo símbolo se vê junto dele. Esse acampamento ficava na fronteira de S. Salvador e, mais ao lado havia outro acampamento chamado Magina. O meu avô foi enviado para a guerra colonial ou do ultramar em fevereiro de 1967 e voltou dois anos depois para Portugal.
Na fotografia do lado direito, está a minha avó, na freguesia de S. Cosme, concelho de Guimarães. A fotografia foi tirada na casa da minha bisavó, com quem a minha avó estava, uma vez que o seu marido estava em Angola, na guerra colonial.
A fotografia do meu avô foi enviada para a minha avó e, algum tempo depois, a minha avó enviou a sua para o meu avô, já que estavam tão longe um do outro! Enviaram as fotografias para não se esquecerem um do outro e mostrar que estavam bem de saúde! Mesmo assim, a minha avó viveu tempos de grande ansiedade, esperando notícias do marido, que só regressou dois anos mais tarde.
Ainda hoje, como se pode confirmar na entrevista que lhe fiz, a minha avó se emociona ao lembrar-se desse tempo em que as saudades do marido apertavam, assim como o receio de o perder!
O meu avô também tinha medo de nunca mais voltar a ver a sua querida esposa… felizmente, voltou e bem! E, depois de tanto tempo, continuam casados e com saúde!


90

90

Alumna: Naihara Darriba Gil, 3º ESO
IES de Ponte Caldelas (Ponte Caldelas)

Aturuxo
“Veña, bótalle un aturuxo”. Así comezaban os concursos nos carnavais da Insua, Ponte Caldelas, aló pola década dos sesenta. A persoa que fixese o aturuxo máis longo, agudo e limpo, conseguía un grande prestixio. A continuación, para celebrares a festa, comezaba o serán onde, por suposto, seguíase aturuxando. Gaitas, pandeiretas, tamboriles e bombos acompasaban os pasos dos bailadores e bailadoras que danzaban disfrazados, ademais de aturuxar co fin de animar e alegrar a xornada Local onde foi tirada a fotografía: No campo da festa do pobo da Insua (Ponte Caldelas, Pontevedra).
Identificación das persoas retratadas: Familia de Naihara Darriba Gil (en concreto, os irmáns da avoa de Naihara Darriba).
Ano: ao redor de 1960
Patrimonio que representa: as festas e momentos de lecer, en concreto, os carnavais, onde se disfrazaban e disfrutaban do baile e a música e botaban os aturuxos que describe o pod-cast.

99
99


100

100

101

101

102

102

103
103

104

104

105

105

106

106

107
107

108

108

109

109

110

110

111

111

112
112

113
113

114

114

115

115

116

116

117
117

118

118

Alumno: Adrián Márquez -1º ESO
Escola: IES Virxe do Mar (Noia)

A voda dos meus avós
Ola, bos días: Son Adrián Márquez e vou describirvos esta foto. É unha foto da voda dos meus
avós maternos. Foi sacada o 20 de agosto de 1969.
Casaron na igrexa parroquial de Santa María de Roo do concello de Noia.
Miña avoa contoume que fora toda a familia, tanto a do meu avó como a da miña avoa.
Daquela as vodas eran moi diferentes, eran moito máis formais e humildes que agora, non todo o mundo se podía permitir ter unha reportaxe fotográfica, e era un evento practicamente familiar ou
con persoas moi achegadas.
Tamén me contaron que a súa voda fora moi especial, xa que como na parroquia hai moi pouca
xente, e case nunca se celebraban vodas nesa igrexa.
Na fotografía pódese chegar a ver no centro a os dous noivos, tamén vemos a dereita un pouco mais
atrás a o tio Manolo, a dereita de todo vemos o irmán do meu avó Celestino, a muller da esquerda é
a miña bisavoa Aurora, ademais do resto da familia, polo fondo, tamén podemos ver a Victorino, o
curmán da miña avoa.
Espero que vos gustase. Ata logo!
É un dos mellores recordos que teñen

119

119

178

178

Alumna: Marta Ocampo Romaní
Escola: IES Ricardo Mella (Vigo)

“Os maquis”: no que alumnado de 1º ESO nos presenta unha foto enviada ao concurso por Marta Ocampo Romaní, alumna de 2º BACH, na que se pode ver ao seu bisavó.

179

179

Alumna: Sila López Rodríguez
Escola: IES Ricardo Mella (Vigo)

“A emigración”: no que alumnado de1º ESO e de 1º FPBA nos presenta unha foto enviada ao concurso por Sila López Rodríguez, alumna de 2º BACH, na que se pode ver ao seu avó na emigración en Alemaña.

180

180

Alumno: Julio Guerrero García
Escola: IES Ricardo Mella (Vigo)

“A romaría da Virxe das Candeas”: no que alumnado de 3º ESO nos presenta unha foto enviada ao concurso por Julio Guerrero García, alumno tamén de 3º ESO, na que se pode ver a súa avoa na romaría das Candeas, en Castrelos (Vigo).

181

181

Alumno: Alexandre Romasanta López
Escola: IES Ricardo Mella (Vigo)

“Os fiadeiros”: nesta ocasión, o alumnado de 1º ESO preséntanos unha foto enviada ao concurso por Alexandre Romasanta López, tamén alumno de 1º ESO, na que se pode ver a súa tataravoa nun fiadeiro de liño…

182

182

Alumna: Carmela Velasco Cures
Escola: IES Eduardo Pondal (Ponteceso)

183
183

268

268

Alumna: Mariña Buján Antelo
1º A ESO
Escola: CPI Cruz do Sar (Bergondo)

Esta fotografía está tomada no 1964, e aparece meu avó cun amigo e compañeiro seu chamado Tono. O meu avó chamado Ramón ía vestido cun xersei, por debaixo unha camisa, e na parte inferior uns pantalóns brancos. Tono ía igual pero non levaba xersei. O meu avó era moi traballador e bromista.
Aínda que foi tomada en Venecia, con esas pombas e eses espectaculares edificios no fondo, a historia dela representa moi ben o patrimonio galego.
Eles estaban aló xa que eran mariñeiros e traballaban nun barco e nunha das súas paradas foron a Venecia. Nesa época había moitas persoas que traballaban como mariñeiros, ou nunha fábrica. Tamén había moita emigración, e a xente marchaba a Francia, Estados Unidos ou Latinoamérica, coma algunha xente da miña familia que marchou a Francia.
En Galicia naqueles tempos non había moito diñeiro. As mulleres nesa época non adoitaban traballar, e se o facían era no campo coas leiras, ou coma costureira como facía a miña avoa. Elas coidaban os fillos, e estes ían á escola, mais separaban aos nenos e nenas nas clases, e podía haber nunha mesma clase un neno de 7 anos cun de 12.

269

269

Alumna: Alicia Castro Castro – 1º A ESO
Escola: CPI Cruz do Sar (Bergondo)

Nesta foto están a miña avoa, Maruja, o meu avó, Antonio, e o meu pai, Toni e foi feita porque querían ter unha foto de cando naceu o meu pai como recordo.

Maruja leva unha blusa branca e unha saia de cadros. Antonio leva un traxe composto por pantalóns, chaqueta e camisa branca cun pano no peto exterior. E para rematar, Toni, que leva uns patucos, un pelele e un chupete que non se ve.

270

270

Alumna: Daniela Cedeira Martínez – 1ºA ESO
Escola: CPI Cruz do Sar (Bergondo)

Esta imaxe foi feita nun estudio de fotografía en Ordes no ano 1941. Nesta fotografía dende a dereita están a miña bisavoa Xosefa, que tiña uns 40 anos, e ao seu carón está o meu bisavó Xosé, que tiña 43 anos.

Diante da miña bisavoa está a miña avoa Emilia, que tiña 9 anos. Ao lado da miña avoa esta a súa irmá Ramona, que tiña 10 anos.Detrás do meu bisavó está o irmán da miña avoa, Rolando, que tiña 14 anos.

Esta fotografía foi feita debido a que as irmás da miña bisavoa estaban en Cuba, xa que emigraran fai moitos anos e querían enviarlles unha foto para que visen e coñecesen as súas sobriñas.

271

271

273

273

Alumna:
Sara Réka García Fernández – 1º ESO
Escola: CPI Cruz do Sar (Bergondo)

274

274

Alumna: Mencía González Landeira
Escola: CPI Cruz do Sar (Bergondo)

Esta foto é unha foto das miñas dúas bisavoas maternas e da miña tía-bisavoa. Foi sacada no maio de 1967.

Elas estaban a tomar un café con pastas un día pola tarde. Non celebraban nada especial pero a elas gustáballes moito quedar as tres para falar e contar anécdotas. A persoa que fala comigo no vídeo é a miña tía avoa fina. Ela e a súa irma casaron con dous irmáns fillos da miña outra bisavoa. Un converteuse no meu tío avó e o outro no meu avó.

275

275

Alumna: Luján Lage Varela
Escola: CPI Cruz do Sar (Bergondo)

Nesta imaxe vemos a unha familia diante dunha casa. Eles están a celebrar as vodas de ouro do matrimonio que está sentado no medio da imaxe.

Tanto os homes, coma as mulleres, van moi elegantes. Os homes van vestidos con traxes e, a maioría das mulleres, con faldra e chaqueta. A maioría das persoas chegaron alí camiñando, xa que a maior parte da familia vive na mesma vila.

Esa foto foi tomada no ano 1965.


276

276

Alumna: Vega Monzo Taboada – 1º A ESO
Escola: CPI Cruz do Sar (Bergondo)

Nesta fotografía aparecen a miña avoa e a miña tía avoa. Atópanse no lugar de Mariñán, no concello de Bergondo, concretamente na entrada da súa antiga escola. Detrás delas, pódese ver un hórreo que almacenaba, millo e outros produtos agrícolas, emprégase actualmente. A súa vestimenta componse duns zapatos negros cuns calcetíns brancos ata os nocellos. Tamén levan unha saia longa que les chega ata a metade das canelas e constaba ademais dun suadoiro co escudo da súa escola. Os seus peiteados son simples cada unha leva unhas pinzas no pelo. As persoas que se atopa na fotografía contáronme que aquel foi un día nubrado e que tiña un exame das táboas de multiplicar.

Esta foto foi tomada no ano 1950 o vinte catro de marzo, seino xa que na parte traseira da fotografía aparece a data exacta do día en que se tomou esta fotografía. Ademais da data tamén aparece o prezo, era de dez pesetas, xa que naquel entón non eran euros como hoxe en día senón que, como citei anteriormente, eran pesetas.

277

277

Alumna: Alba Seijo Matos – 1ºA ESO
Escola: CPI Cruz do Sar (Bergondo)

Esta fotografía está situda no ano 1970, nunha sala de festas no “Moderno” en Sada (A Coruña, Galicia). As persoas que se ven nesta fotografía son da miña familia: os meus avós que agora xa son bastante maiores e un de eles non esta ben… No fondo da fotografía vense unhas botellas, copas e a barra dun bar. Eles estan nese local en Sada.

A muller que aparece nesta fotografía, a miña avoa, ten o cabelo negro, longo e ondulado; viste cunha saia de cor negra e unha camiseta de cor branca e os seus zapatos son negros tamén.

O home que aparece na fotografía, o meu avó, ten o cabelo marrón, curto e rizo; a sua camisa é de cor branca e os seus pantalóns é de cor marrón.

280

280

Alumna: Noa Veiga Sánchez – 1ºB ESO
Escola: CPI Cruz do Sar (Bergondo)

Nesta foto vemos á miña avoa, Teresa e á súa irmá Mari, que tamén é a madriña da miña nai. Mari naceu en 1954 e a miña avoa en 1956. Aquí terían 3 e 5 anos, polo que a foto sería de 1959.

O que podemos ver na foto é que as dúas nenas teñen o pelo curto e castaño. A miña avoa lévao recollido nunha cola, Mari o leva solto e rizo. As dúas están vestidas iguais, algo moi habitual entre irmáns que se levan pouco tempo, coa súa roupa de domingo. Levan unha camiseta de pescozo alto e cor branca, unha chaqueta de punto curta e con botóns, dunha cor un pouco máis escura que a camiseta, aínda que non podemos saber exactamente cal era, xa que a foto está en branco e negro. Levan tamén uns pantalóns estreitos de cadros de cor escuro, calcetíns claros e unhas bailarinas de pulseira. Tamén vemos que levan as súas bonecas. As bonecas son de tamaño medio, tipo Nancy. Teñen o pelo longo e escuro recollido en dúas coletas un vestido branco cuns botóns diante e unhas sandalias tamén brancas.

Na foto as dúas están con aspecto serio, probablemente un pouco asustadas pola novidade, de feito a miña avoa vese que está agarrando a man do seu pai. A foto tomouse na rúa, diante da tenda de fotos, xa que podemos ver parte do escaparate da tenda, onde se aprecian retratos doutras persoas.

281

281

Alumna: Marta Vidal García – 1ºB ESO
Escola: CPI Cruz do Sar (Bergondo)

Na foto que eu escollín están o meu avó paterno e a miña avoa paterna na súa voda na igrexa de San Martiño de Churío, Irixoa.

O meu avó chámase Xosé e naceu o 21 de xuño do 1941 e a mina avoa chamábase María Guadalupe e naceu o 29 de decembro de 1936. Só vive o meu avó vai facer os 82 anos e a miña avoa morreu polo ano 1999 cando só tiña 63 por unha enfermidade que eu descoñezo. Eles dedicáronse a ser labregos e vivir unha vida do campo polo que eles tiñan bastantes terras e animais.

Os meus avós tiveron seis fillos que se chaman Xosé que foi o seu primeiro fillo home, Ana a primeira filla muller, Jesús, Carlos, Carmen e Fernando o último fillo. Eles vivían en Irixoa pero aló polo ano 1992 mudáronse a Monfero pero cando a miña avoa morreu o meu avó es os seus fillos mudáronse a Paderne e cando algúns dos seus fillos casaron, quedaron a vivir alí co meu avó, os meus tíos Xosé, Carlos e Fernando.

Na foto a miña avoa leva unha saia de cor clara que parece branco e unha chaqueta desa cor tamén levaba uns tacóns de cor escura que parecen marrón ou negros e o mue avó levaba un pantalón de traxe negro cunha chaqueta a xogo negra, unha camisa branca e uns zapatos de vestir negros.

Compartir

DEIXA UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here