Ponte... nas Ondas!

PNO! conmemora o primeiro día Internacional do Patrimonio Inmaterial

  • A Asociación Cultural e Pedagóxica de Galicia e Norte de Portugal inaugurou este xoves unha exposición no claustro de Fonseca (Santiago) en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, o Consello da Cultura Galega e o Concello de Santiago de Compostela, con imaxes dos 25 bens que ten recoñecidos o Estado na Unesco
  • Tamén na Facultade de Educación de Ourense e en Valença abriu as portas a mostra “As imaxes do Patrimonio”

Este 17 de outubro celebrouse por vez primeira o día Internacional do Patrimonio Inmaterial a proposta da UNESCO. Unha data que, desde a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ndas!, aproveitaron para reivindicar a riqueza e diversidade cultural do Estado cunha mostra fotográfica cos 25 bens patrimonio inmaterial recoñecidos pola Organización das Nacións Unidas para a Cultura, as Ciencias e a Educación. Unha mostra na que figura a propia Asociación, enMdade acreditada desde o ano 2015 e escollida como modelo de boas prácMcas co Patrimonio Cultural Inmaterial no estado español e Portugal en 2022.

O seu presidente, Santiago Veloso, reivindicou que a importancia do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) como patrimonio “vivo e cada vez máis importante na vida das persoas e das omunidades”. Neste senMdo, puxo en valor o traballo que desde PNO! levan facendo desde o ano 1995 para “poñer en valor, e ao mesmo tempo retransmitir aos máis novos e á sociedade en eral, a existencia dun patrimonio cultural común a Galicia e Portugal que se mantivo activo e vivo por riba das fronteiras até o día de hoxe”. A Asociación Ponte… nas Ondas! que onmemorará o vindeiro ano o seu 30 aniversario, vén traballando desde as aulas para divulgar a cultura común galego-portuguesa nas novas xeracións, empregando como soporte as novas tecnoloxías e, particularmente, a radio, procurando tecer unha ponte radiofónica entre Galicia e Portugal.

“Pedimos que o PCI faga parte das prác6cas educa6vas nos centros”

Desde a Asociación Cultural e Pedagóxica, insisten en que o Patrimonio Cultural Inmaterial convidan aos centros educativos a que se sumen á conmemoración desta data e que transmitan ao alumnado o valor da cultura inmaterial. Como exemplo, na inauguración da exposición no Claustro Baixo do Pazo de Fonseca participou un grupo de música tradicional conformado polo alumnado do CEIP de A Ramallosa (Teo).

Precisamente, na imaxe da exposición que representa a Ponte… nas Ondas! aparecen esas mesmas rapazas e rapaces, nunha actuación anterior noutra actividade radiofónica promovida por PNO!: “eles e elas xa son persoas portadoras do noso patrimonio e algún día sentiranse orgullosos de transmitirlle o seu saber e as súas prácMcas aos seus descendentes” explicou Veloso.

Outono do Patrimonio

A mostra fotográfica conformada por 25 paneis cos bens recoñecidos pola Unesco como Patrimonio Cultural Inmaterial permanecerá no claustro baixo do Pazo de Fonseca da Universidade de Santiago durante un mes, ata o 16 de novembro que se conmemorará outro día significaMvo: o día Internacional do Patrimonio Material. Baixo este paraugas, desde a Asociación Cultural e Pedagóxica convidan a celebrar o ‘Outono do Patrimonio’ completando a programación da exposición con acMvidades nos centros socioculturais do Concello de Santiago de Compostela e no Consello da Cultura Galega.

Unhas actividades nas que buscarán reivindicar o patrimonio cultural inmaterial galegoportugués e homenaxear a algún dos seus portadores. Neste sentido, a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, puxo o foco en que ese patrimonio intanxible é froito da interacción entre o territorio e a sociedade, de xeito que cada comunidade “ten algo de seu e que ninguén máis ten”. Tamén destacou o carácter integrador da identidade galega, “sempre respectuosa coas entidades dos outros”: “estas celebracións queren poñer o acento ao respecto da diversidade, da identidade do outro, e dar a coñecer as maneiras de ser e estar no mundo”.

Tamén o concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, reivindicou a necesidade de “conservar e protexer” a cultura e patrimonio inmaterial que non é outra cousa, dixo, “que manter a memoria do que fomos e do que somos” manifestada a través dos festexos, da artesanía ou do comercio tradicional, por exemplo: “é a nosa identidade”.

Unha exposición como “espazo de intercambio cultural e de saberes”

A exposición sobre os bens patrimonio inmaterial do Estado, que se inaugurou este xoves, permanecerá en Fonseca durante un mes. Sobre isto, o vicerreitor da USC, Gumersindo Feijóo reivindicou o claustro como o espazo “máis senlleiro da Universidade” e destacou as sinerxías que se poden producir entre os bens reflexados nas imaxes da exposición e o propio edificio.

Tamén desde Ponte… nas Ondas!, Xosé Manuel Diego, describiu a exposición como “dialogable”, animando a quen visite a mostra o faga entendéndoa como un “espazo de intercambio de coñecementos e saberes que cada quen ten sobre algunhas das manifestacións” que se recollen nas 25 imaxes: “Nas poucas horas que leva aberta ao público a mostra, vese a persoas, a familias ou a estudantes que ven en grupo a exposición e intercambian impresións e aspectos que coñecen de algunhas das manifestacións que aquí se recollen, xerando un diálogo coas propias imaxes” explicou.

Nas imaxes, ademais de recoller o modelo Ponte… nas Ondas!, tamén se recollen outras manifestacións como a festa dos Cabalos do Viño de Caravaca de la Cruz (Murcia), a celebración da Patum de Berga (Cataluña) ou o asubío gomero, a linguaxe asubiada da illa da Gomera (Illas Canarias).

Actividades en Ourense, Valença do Minho e Vigo

Hoxe mesmo inaugurouse na Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense outra mostra, a exposición “As imaxes do patrimonio” en colaboración coa Universidade de Vigo e o Centro de Cultura Popular, Xaquín Lorenzo da Deputación de Ourense. De feito, para amesma tarde, ás 19.00h, foi programada unha homenaxe a Florencio de Arboiro coa proxección do documental ‘A última viaxe do afiador’ de Aitor Rei.

Tamén en Valença do Minho celebrouse este xoves unha mesa de diálogo arredor do PCI na que participaron o antropólogo Álvaro Campelo, o músico Augusto Canário, a profesora María de Lourdes Carita e Arlindo Sousa, vereador da Cámara Municipal de Valença.

En Vigo, está prevista a celebración o vindeiro 16 de novembro do Día Internacional do Patrimonio cunha gala no auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas