Ponte… nas Ondas! convida aos centros educativos a participar no Día Mundial da Radio o 13 de febreiro de 2024

A UNESCO proclamou o 13 de febreiro como Día Mundial da Radio.

PONTE…NAS ONDAS! vén promovendo a radio escolar desde 1995 como un recurso educativo para mellorar as competencias comunicativas dos nosos xoves. A UNESCO inscribiu a PONTE…NAS ONDAS! como “modelo de boas prácticas co patrimonio cultural inmaterial”, a primeira inscrición para Galiza e Portugal neste rexistro.

O día 13 de febreiro de 2024 coincide neste ano co martes de Entroido (non lectivo). O entroido é unha das manifestacións do Patrimonio Cultural Galego-Portugués e, por tanto, tamén é unha boa ocasión para encher as ondas de programas co entroido como tema principal.

Ao mesmo tempo, neste 2024, a UNESCO conmemora un século da radio como medio de comunicación baixo o lema: UN SÉCULO INFORMANDO, ENTRETENDO E EDUCANDO. A radio escolar é hoxe un medio que forma e educa nos medios de comunicación. Aquí tedes as suxestións para a celebración deste ano: https://www.unesco.org/es/days/world-radio/13ideas

Por todo isto, desde Ponte…nas ondas! propomos aos centros educativos galegos e portugueses o envío de podcasts ou vídeos para seren emitidos o día 13 no portal web ESCOLAS NAS ONDAS (www.escolasnasondas.com) para celebrar esta data e para difundir así o modelo PONTE…NAS ONDAS!: educación, patrimonio, comunicación e novas tecnoloxías.

As ligazóns cos traballos gravados deben ser enviadas até o día 10 de febreiro para: web@escolasnasondas.com

● O día 13 de febreiro serán emitidos todos os podcasts recibidos no portal “ESCOLAS NAS ONDAS” (www.escolasnasondas.com)

● + info: pontenasondas@pontenasondas.org

SHARE

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here