Ponte... nas Ondas!

Ponte…nas ondas! impulsa xunto con máis de 50 asociacións de toda Galicia a Rede do Patrimonio Cultural

En marcha unha plataforma que porá en valor o noso patrimonio común con Portugal.

Na rede do Patrimonio

Ponte…nas ondas! está impulsando xunto con máis de 50 entidades a Rede de Patrimonio Cultural de Galicia. Unha rede que nace coa vontade de colaborar na defensa do noso patrimonio cultural e na posta en valor das súas expresións e manifestacións. A súa constitución tivo lugar o pasado sábado 3 de xuño no Museo do Pobo Galego onde 33 asociacións presentes ratificaron o acordo fundacional da Rede.

Rede servirá coma un instrumento de axuda e unha ferramenta de difusión das actividades de todas as asociacións e entidades que participan dela e tamén para promover accións e campañas en defensa do noso patrimonio cultural en ámbitos institucionais, sociais e territoriais. A Rede tamén apoiará campañas que non só se subscriban á Galicia territorial, senón tamén campañas que abrangan outros espazos, coma o norte de Portugal ou as zonas fronteirizas de Asturias e de Castela e León. Neste senso, dará apoio a iniciativas como a de Ponte…nas Ondas! relacionadas co  patrimonio común galego-portugués.

Ponte…nas ondas! realizou a XIII edición da súa xornada de  radio interescolar baixo o lema Na Rede do patrimonio en 2007.

Premio Peña Novo

O vindeiro 29 de xuño, ás 19.30 hs. Ponte…nas ondas! recibirá o premio Peña Novo pola labor desenvolvido ao longo de dúas décadas a prol do patrimonio inmaterial galego-portugués. O xurado valorou a contribución de Ponte…nas  ondas! na dinamización e transmisión do patrimonio no ámbito educativo e cultural a través da radio, Internet, as novas tecnoloxías e as redes sociais. Destaca tamén o xurado o achegamento a diversos sectores sociais a partir das comunidades de portadores que transmitiron os seus coñecementos nas aulas e nas actividades de dinamización realizadas por todo o territorio da Eurorrexión.

Tamén se recoñece no galardón o traballo realizado por antropólogos, filólogos e investigadores de Galicia e do Norte de Portugal arredor de Ponte…nas ondas! para que a asociación fose recoñecida pola UNESCO como ONG consultora para o patrimonio inmaterial.

A transmisión da lingua, e do seu patrimonio, ás novas xeracións é o labor que o xurado valora especialmente pola súa importancia no momento actual de perda de uso nas idades máis novas. No acto de entrega dos premios actuará o grupo Luar na lubre e contará coa asistencia do Conselleiro de Educación e Cultura, o Secretario Xeral de Política Lingüística e o Deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas