Ponte... nas Ondas!

Ponte… nas Ondas! lembra a Federico Mayor Zaragoza

Participou na 7ª edición da xornada radiofónica en 2001.

Con motivo do falecemento do ex-director xeral da UNESCO, Ponte…nas ondas! lembra o seu apoio á experiencia e tamén á candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués presentada en 2004 xunto a figuras como José Saramago, Nélida Piñón, Manolo Rivas ou Suso de Toro.

No 2001, A UNESCO declarou o “Ano do diálogo entre civilizacións”, con este motivo, Ponte…nas ondas! celebraba a súa 7ª edición abordando a escravitude no mundo, en concreto co proxecto “A rota do escravo”. Participaron escolas de Europa, África e América e colaboraron Caetano Veloso, Dulce Pontes, Mercedes Peón e Uxía. Federico Mayor Zaragoza foi un dos expertos entrevistado polos alumnos de dous centros educativos, un galego e outro portugués. Nela Mayor Zaragoza expresou, entre outras opinións, un apoio a Ponte…nas ondas! como unha experiencia radiofónica de diálogo e tolerancia, e destacou a radio como o medio máis capilar, que chega a todo o mundo en diversas situacións.

Estas foron as súas palabras:

“Eu creo que é unha experiencia moi positiva e aplaudo aos que tiveron a idea desta iniciativa, aos que están colaborando na súa realización, porque hoxe os medios de comunicación, vostede mencionou a radio que é, segue, e ao meu modo de ver, seguirá sendo o sistema de información máis capilar, o que chega a todas partes, o que chega en todas as situacións. Non cabe dúbida de que hoxe é o que ten maior impacto: unha noticia dada pola radio transmítese realmente á velocidade da luz, porque é extraordinario o poder de alcanzar aos inalcanzables con outros medios, el papel de incluír aos excluídos por outros mecanismos. Pero vostede mencionou tamén a Internet, e por tanto eu creo que é unha experiencia que pode contribuír a esta toma de conciencia por parte de todos os nenos do mundo de un dos fenómenos históricos que agora temos para sempre; xa digo, non se pode esquecer, mais temos que sacar as leccións oportunas e temos que procurar que nunca máis se repita”.

Vídeo de Federico Mayor Zaragoza:

Estracto no vídeo de “As boas prácticas de PNO!” na UNESCO:

Min. 6’13”

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

Baner Modelo PNO!
Campaña Subscríbete ao Galego
Así foi o evento do 30 aniversario de PNO! PNO! 8º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas