Ponte... nas Ondas!

Ponte… nas Ondas! lembra a Federico Mayor Zaragoza

Participou na 7ª edición da xornada radiofónica en 2001.

Con motivo do falecemento do ex-director xeral da UNESCO, Ponte…nas ondas! lembra o seu apoio á experiencia e tamén á candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués presentada en 2004 xunto a figuras como José Saramago, Nélida Piñón, Manolo Rivas ou Suso de Toro.

No 2001, A UNESCO declarou o «Ano do diálogo entre civilizacións», con este motivo, Ponte…nas ondas! celebraba a súa 7ª edición abordando a escravitude no mundo, en concreto co proxecto «A rota do escravo». Participaron escolas de Europa, África e América e colaboraron Caetano Veloso, Dulce Pontes, Mercedes Peón e Uxía. Federico Mayor Zaragoza foi un dos expertos entrevistado polos alumnos de dous centros educativos, un galego e outro portugués. Nela Mayor Zaragoza expresou, entre outras opinións, un apoio a Ponte…nas ondas! como unha experiencia radiofónica de diálogo e tolerancia, e destacou a radio como o medio máis capilar, que chega a todo o mundo en diversas situacións.

Estas foron as súas palabras:

«Eu creo que é unha experiencia moi positiva e aplaudo aos que tiveron a idea desta iniciativa, aos que están colaborando na súa realización, porque hoxe os medios de comunicación, vostede mencionou a radio que é, segue, e ao meu modo de ver, seguirá sendo o sistema de información máis capilar, o que chega a todas partes, o que chega en todas as situacións. Non cabe dúbida de que hoxe é o que ten maior impacto: unha noticia dada pola radio transmítese realmente á velocidade da luz, porque é extraordinario o poder de alcanzar aos inalcanzables con outros medios, el papel de incluír aos excluídos por outros mecanismos. Pero vostede mencionou tamén a Internet, e por tanto eu creo que é unha experiencia que pode contribuír a esta toma de conciencia por parte de todos os nenos do mundo de un dos fenómenos históricos que agora temos para sempre; xa digo, non se pode esquecer, mais temos que sacar as leccións oportunas e temos que procurar que nunca máis se repita».

Vídeo de Federico Mayor Zaragoza:

Estracto no vídeo de “As boas prácticas de PNO!” na UNESCO:

Min. 6’13»

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

PNO! 8º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas