Ponte... nas Ondas!

Ponte… nas Ondas! participa no 1º Foro Transfronteirizo CulturMinho


“Cooperación e cultura no Baixo Miño. Experiencias”, é o lema da xornada da cuarta feira, o 7 de outubro de 2020, no 1º Foro Transfronteirizo CulturMinho. Durante esta xornada trataranse casos reais de xestión cultural profesional onde xa se dá na práctica unha cooperación cultural transfronteiriza e no que o foro convida a diferentes colectivos e persoas das dúas beiras do Miño a falaren dos procesos de cooperación transfronteiriza ata o momento, e como ven os posibles cambios que deparará a situación vixente.

E será neste espazo no que participará Ponte… nas Ondas!, na voz de Santi Veloso, presidente da Asociación Cultural e Pedagóxica). Canda el estarán presentes a Casa das Artes – Sons do Vez – Arcos de Valdevez (Intervén Nuno Soares, Responsable da Division de Desarrollo Cultural de Arcos de Valdevez); o Simposio de Escultura – Cerveira-Tomiño (intervén Fátima Rodríguez, Concelleira de Mocidade); Folk Monção – Jardín en Monção (intervén Boaventura Rodrigues, Director do Festival); e o Festival IKFEM da Eurocidade Tui-Valença (intervén Andrea González, Directora do Festival)

Aquí podedes atopar o programa completo

*Retransmisión ao vivo e dispoñibilidade posterior desde a Canle AECT Rio Minho de YouTube.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas