Ponte... nas Ondas!

Ponte…nas Ondas! participa no I Congreso Internacional de Patrimonio Cultural Inmaterial en Barcelona

O Congreso conta con 12 simposios de diferentes temáticas relacionadas co PCI. Ponte…nas ondas! intervén o xoves 12 de maio, no simposio sobre PCI e educación.

O 1º Congreso Internacional sobre Patrimonio Inmaterial está organizado polo proxecto de investigación sobre Patrimonio Inmaterial (PINMAT) e o Grupo de investigación de Antropología en Patrimonio (GRAP) da Universidade de Barcelona, e ademais conta coa colaboración de distintas universidades e institucións.

Acolle tanto a investigadores como a profesionais e organizacións dedicadas ao patrimonio cultural inmaterial (PCI) para reflexionar sobre as súas distintas dimensións desde unna perspectiva internacional, nas temáticas que poden verse nos simposios e conferencias planificadas durante os tres días do congreso, 11, 12 e 13 de maio.

A intervención de Ponte…nas ondas! vaise realizar entre as 17.30 hs.e as 20.00 hs. no grupo de comunicacións denominado “El patrimonio inmaterial en la educación formal y no formal” e será presentada pola investigadora Raquel Rey Vilas da Universidade de Vigo baixo o título: “Ponte…nas ondas! La voz del patrimonio inmaterial en la comunidad educativa de Galicia y Portugal”. Raquel Rey Vilas leva varios anos seguindo a traxectoria da experiencia de comunicación e prepara unha tese de doutoramento sobre Ponte…nas ondas! que vai ser defendida na Universidade de Vigo.

As boas prácticas co PCI

A comunicación vai facer un percorrido pola traxectoria de Ponte…nas ondas! ao longo dos seus 27 anos de experiencia e o traballo realizado a prol do PCI galego-portugués chegando a constituír un modelo de salvaguarda do patrimonio tanto en Galicia como en Portugal. Esta experiencia foi a que levou aos gobernos de Portugal e España a presentar a Ponte…nas ondas! ao rexistro das boas prácticas co PCI da UNESCO en 2021, inscrición que deberá producirse no mes de decembro deste ano 2022.

Un modelo recoñecido

A experiencia de Ponte…nas ondas! co PCI ten sido recoñecida por diversas institucións e mesmo foi pioneira ao presentar a primeira candidatura promovida por centros educativos de dous países ás Obras Mestras do PCI en 2004.

Iniciativas como as edicións de Meniños Cantores (www.meninoscantores.com) ou Cores do Atlántico (www.coresdoatlantico.eu), que chegou a ser editado en Portugal e no Brasil, xunto coa recente publicación dixital “Memoria e patrimonio” (www.pontenasondas.org) a partir do Certame “As imaxes do patrimonio” son algunhas das prácticas que conforman o modelo de Ponte…nas ondas!

O Congreso “Pontes de cultura, pontes de futuro” celebrado en Vigo e Melgaço en 2010 con motivo dos 15 aniversario xa abordou a experiencia de Ponte…nas ondas! desde os ámbitos da educación, a comunicación, a cultura e as TICS. Agora, con 27 anos de traballo, Ponte…nas ondas! aspira ao máximo recoñecemento por parte da UNESCO.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas