Ponte... nas Ondas!

Ponte…nas Ondas! presenta a súa experiencia no Brasil

  • Os organizadores salientan que a práctica pedagóxica intercultural de PNO ! merece ser divulgada a educadores de todo o mundo. 
  • A asociación galego-portuguesa intercambiará experiencias con expertos de diferentes países.
  • A diversidade cultural e a reflexión sobre prácticas para a construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria están entre os eixos deste encontro internacional

O XIX Congreso Mundial de Educadores e Educadoras vai desenvolverse do 11 ao 13 de abril na Universidade Estadual de Campinas – UNICAMP, no Brasil. No evento van participar entre 600 a 800 educadores do Brasil e de todo o mundo baixo o lema : EU SOU PORQUE NÓS SOMOS.

Ponte…nas ondas! presentará a sua experiencia na Mesa dos Povos da Lusofonia xunto con outros proxectos de diferentes países. Santiago Veloso, coordinador da Asociación en Galicia e Portugal, intervirá nunha das mesas do dia 11 xunto co sociólogo e profesor da Universidade Agostinho Neto de Angola, Laurindo Vieira e a profesora Débora Mazza, do Departamento de Ciências Sociais na Educação da UNICAMP de Brasil.

Ademais, no Congresso vanse expoñer os materiais editados pola asociación ao longo das duas décadas de actividades: o disco Meninos Cantores, o livro-disco Cores do Atlántico (publicado tamén no Brasil pola editora Latus da Universidade Estadual de Paraiba) e o libro-cd-dvd Na ponte. Estas publicacións chamaron a atención da organización do Congreso que recoñeceu nas actividades desenvolvidas por Ponte…nas ondas! unha excelente práctica pedagóxica intercultural merecente de ser divulgada aos educadores de todo o mundo.

“EU SOU PORQUE NÓS SOMOS”

O tema escollido para a reflexión e o debate é o contexto social no que se desenvolven as prácticas educativas, cunha abordaxe directa ao papel dos educadores sociais, reflexionando sobre os campos de investigacións e as prácticas enfocadas para a construción dunha sociedade mais xusta e igualitaria. Nun contexto no que mundialmente somos conducidos para unha reflexión crítica que busca profundizar sobre os fundamentos éticos, teóricos e metodolóxicos dunha actividade que precisa redefinirse, en función da transición que atravesa a contemporaneidade, o Congreso é unha oportunidade de reunir alguns dos máis destacados pensadores da educación social, a educación popular e a educación non formal con axentes dos procesos habituais de transformación social que constrúen estratexias de supervivencia e resistencia para os non incluídos no sistema económico dominante.

Ademais das mesas de debates, das mostras de traballos, exposicións de proxectos, das tendas e da feira da economia solidaria, a diversidade cultural do Brasil terá unha importante presenza no XIX Congresso Mundial de Educadoras e Educadores Sociais que se inaugura no día 10 de abril no Centro de Convenções da UNICAMP en Campinas.

AS BOAS PRÁTICAS CO PATRIMONIO

No marco do Congreso, Ponte…nas ondas! mostrará as diversas accións que integran o patrimonio no proceso de aprendizaxe, tanto no ámbito formal como en contextos sociais abertos á comunidade.

Así, o traballo co patrimonio inmaterial galego-portugués no ámbito dos centros educativos de Galicia e do Norte de Portugal será unha das accións que serán divulgadas ademais dos Certames de Recolla, as Mostras da Oralidade ou a difusión do papel dos Tesouros Humanos Vivos. A transmisión deste patrimonio ás novas xeracións a través dos novos soportes dixitais en Internet é outra das liñas de traballo que os educadores coñecerán no Congreso.

A UNESCO APLAUDE A EXPERIENCIA DE PONTE…NAS ONDAS!

A asociación Ponte…nas ondas!, recentemente acreditada como ONG consultora do patrimonio inmaterial pola UNESCO, vén de participar na última sesión do 11º Comité Intergobernamental de Salvaguarda do Patrimonio Cultural Inmaterial celebrada en Addis Abeba. Os antropólogos X.M.González Reboredo e Álvaro Campelo participaron nas sesións de debate xunto a outras ONG consultoras de todo o mundo presentando tamén a experiencia de Ponte…nas ondas! na Universidade de Addis Abeba.

Nunha das sesións do Comité, na mesa “Learning with intangible cultural heritage in education“ destacouse o importante papel que ten o patrimonio inmaterial como un potente recurso educativo para contribuír á mellora da calidade educativa.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 8º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas