Ponte... nas Ondas!

Ponte…nas Ondas! será avaliada en Rabat como modelo de boas prácticas co PCI

A décimo sétima sesión do Comité Intergobernamental para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) será acollida polo Reino de Marrocos en Rabat do 28 de novembro ao 3 de decembro de 2022.

A inscrición no Rexistro das boas prácticas do “modelo” Ponte…nas ondas! vai ser a primeira proclamación para Portugal e tamén para Galicia.

A candidatura de PONTE…NAS ONDAS! como modelo de boas prácticas co PCI foi presentada por Portugal e España, co apoio da Xunta de Galicia, en marzo de 2021. Contou co apoio de centros educativos, Universidades, Deputacións, Asociacións, Concellos e diversas entidades que emitiron declaracións a prol da inscrición.

Desde entón o expediente da candidatura foi pasando diversas revisións e agora está pendente do informe do órgano de avaliación da UNESCO. Na 17ª sesión do Comité Intergobernamental que se celebrará en Rabat coñecerase a inscrición do “modelo Ponte…nas ondas! de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial.

PONTE…NAS ONDAS! ONG ACREDITADA POLA UNESCO PARA O PCI

A reunión anual do Comité (despois da pandemia) será presencial na capital de Marrocos e asistirán representantes dos Estados Parte, organizacións non gobernamentais, institucións culturais e outras partes interesadas de todo o mundo.

Unha delegación de Ponte…nas ondas! asistirá á sesión en calidade de ONG consultora para o PCI, a única entidade acreditada en Galicia desde 2015. En paralelo coas sesións do Comité desenvólvese o Forum das ONG que traballan co PCI.

O Foro de ONG dedicadas ao PCI é unha plataforma de comunicación, establecemento de redes, intercambio e cooperación creada por e para organizacións non gobernamentais acreditadas para prestar servizos de asesoramento ao Comité Intergobernamental no marco da Convención de 2003 para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial. http://www.ichngoforum.org

Desde 2012, o Foro de ONG dedicadas ao PCI organiza cada ano un simposio, que se celebra na véspera da reunión anual do Comité Intergobernamental. O principal obxectivo deste encontro é intercambiar información, examinar boas prácticas e iniciativas internacionais de salvagarda, establecer redes entre os representantes das ONG e os Estados Partes, e dar a benvida aos delegados das novas ONG acreditadas. Así mesmo, as ONG acreditadas celebran unha reunión plenaria anual, na que se tratan cuestións internas e organizativas do Foro. Durante a semana na que se reúne o Comité, os grupos de traballo do Foro de ONG dedicadas ao PCI tamén celebran múltiples reunións diarias de traballo.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 8º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas