Ponte... nas Ondas!

Ponte… nas Ondas! tendendo novas pontes na comunicación intercultural

Ponte…nas ondas! achégouse ás fronteiras entre Polonia, Alemaña e a República Checa a través do proxecto “MEET YOUR BORDERS” (Coñece as túas fronteiras), un “training course” no que a aprendizaxe multicultural e a abolición de estereotipos foron as principais ferramentas para levar a cabo unha Biblioteca Viva.

Durante sete días un total de 24 participantes procedentes de distintos puntos de Europa (Estonia, Alemaña, Grecia, Eslovenia, Polonia, Portugal, República Checa, Lituania, Eslovaquia, Romanía e Galiza) reuníronse en Hadrek nad Nisou, un pobo fronteirizo da República Checa.

Hradek nad Nisou resultou un espazo excepcional para abordar as temáticas do curso, as potencialidades e as ameazas que sofren as zonas fronteirizas. A natureza dos seus estereotipos ou a cooperación veciñal, entre outros temas, deron contido ao proxecto.

No curso non faltaron unha noite intercultural, unha velada onde cada país aportou uns bocadiños da súa cultura, un día de saídas aos diferentes países da Eurorrexión (Polonia, Alemaña e República Checa) no que interactuamos coa poboación co obxecto de descubrir as similitudes e diferenzas entre as tres rexións, e unha noite para presentar a nosa asociación: Ponte…nas ondas!

O obxectivo principal do curso foi poñer en práctica unha Biblioteca Viva na área fronteiriza, levando a cabo cada unha das seguintes fases para a súa correcta execución; análise, preparación, implementación e avaliación.
Cada un de nós formou parte dun grupo de traballo: os promotores, os animadores, os libreiros e mailos libros traballamos conxuntamente nun evento que tivo unha gran acollida polos veciños das tres fronteiras.

Foron días de aprendizaxe e traballo cooperativo, onde tivemos a oportunidade de intercambiar ideas e coñecer proxectos de organizacións e asociacións culturais europeas.

Se queredes saber máis acerca deste proxecto:
http://www.meetyourborders.eu (inglés)

DEIXE UMA RESPOSTA

Por favor digite seu comentário!
Por favor, digite seu nome aqui

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas