O xurado dos Premios da Cultura Galega 2023 reuniuse en Santiago de Compostela este luns 16 de outubro de 2023 para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez.
Ao remate da mesma, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas:
Categoría
|
Premiado/a
|
Letras
|
Yolanda Castaño
|
Artes Visuais
|
Museo do Gravado á Estampa Dixital
|
Artes Escénicas
|
PistaCatro
|
Música
|
Banda de Música Unión de Guláns
|
Audiovisual
|
Portocabo
|
Lingua
|
Ponte… nas Ondas!
|
Patrimonio Cultural
|
Eduardo Pardo de Guevara
|
Proxección Exterior
|
Cursos de verán Galego sen fronteiras |
Parabéns a toda a comunidade educativa e a todas as amigas e amigos de PNO! que fixeron posible este novo recoñecemento!
Do xurado tamén formaron parte o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; a secretaria xeral de igualdade, Sandra Vázquez; o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, así como profesionais da cultura de Galicia de recoñecido prestixio como Fina Casalderrey, en representación da Real Academia Galega; Elena Vázquez Cendán, do Consello da Cultura Galega; Ramón Yzquierdo Perrín, da Real Academia Galega de Belas Artes; Esperanza Gigirey, directora do Museo das Peregrinacións e de Santiago; Carla Reyes, presidenta da asociación Executivas de Galicia; Patricia Hermida, presidenta da Asociación Galega de Empresas Musicais, e Estíbaliz Veiga, actriz, presentadora, pedagoga teatral e guionista.
Con estes galardóns, “a Xunta de Galicia distingue un ano máis a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección do panorama cultural da nosa Comunidade, así como o compromiso de proxectos, traxectorias e iniciativas que enriquecen a realidade e identidade cultural de Galicia”.