Ponte... nas Ondas!

Premio especial do xurado de aRi[t]mar

No evento, Ponte…nas ondas! recibiu o Premio Especial do Xurado á Embaixada da Amizade Galego-Lusófona 2022. A decisión do xurado, coñecida a pasada primavera na véspera do 25 de abril, quere ser “un premio para quen tende pontes entre a Galiza e Portugal”.

Xa na presentación da gala o pasado luns, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, fixo “mención especial este ano para o colectivo Ponte… nas ondas!, que xusto acaba de ser recoñecido pola Unesco no Rexistro de Boas Prácticas co patrimonio inmaterial”. Na gala proxectouse un vídeo com diversos momentos da experiencia e interviu Esmeralda Carvalho e Santiago Veloso en representación de Ponte…nas ondas! Esmeralda subliñou que “este premio é un incentivo máis para seguir traballando co alumnado porque Ponte…nas ondas! ten marcado a diferenza en moitas xeracións de xoves”. Santiago Veloso destacou que o premio era “compartido aos dous lados da fronteira e tamén com moitos centros educativos, familias e persoas portadoras do patrimonio inmaterial” e finalizou cun verso de Guadi Galego, “mudamos fronteiras por pontes”.

Na cerimonia, as poetas Lúa Mosquetera e Wilma Vieira recolleron os seus galardóns por teren producido o mellor da poesía en Galicia e Portugal durante este ano polas súas pezas Anorak de pel de Caribú e E se eu fosse eu?, respectivamente. Pola súa parte, a fadista Ana Moura e o cantante galego Xisco Feijóo, foron os gañadores no apartado musical polos temas Andorinhas e Peixe. A gala estivo conducida por Fran Rei e Isabel Risco e contou coas actuacións en directo da artista setubalense A garota não e da galega Catuxa Salom, mentres que Mosquetera e Vieira puxeron a nota poética ao evento.

CELEBRACIÓN DA INSCRICIÓN NA UNESCO
E para celebrar a inscrición na UNESCO Ponte…nas ondas! realiza un encontro convidando a profesorado, alumnado, representantes institucionais e persoas de Galicia e Portugal que ao longo destes 27 anos traballaron para que Galicia e Portugal teñan o primeiro modelo de boas prácticas co patrimonio cultural inmaterial inscrito na UNESCO.
A festa vai ter lugar no espazo Copo sen fundo, ao pé da Ponte da Amizade entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira. Algunhas mensaxes en formato audiovisual están a chegar desde diversos lugares diante da imposibilidade de estar presencialmente na festa como os da artista Uxía desde Marseille ou de Augusto Canário desde Lisboa.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas