Primaria – Finalistas 2023

31

31

Alumno: Julio Fernández Gallega – 6º de Primaria

Escola: CPR Plurilingüe Luis Vives Ourense

Texto:
Esta foto foi tomada ao redor de 1931. O meu bisavó Julio Janeiro Guntiñas, máis coñecido por “O Xaneiro”, atopábase traballando xunto aos seus compañeiros en Talleres Melo, no Barco de Valdeorras. Talleres Melo dedicábase á fabricación de material agrícola, tan necesario para aquela época para mellorar o traballo no campo. Nesta foto, “O Xaneiro” está sacando unha pa labrega do forno de fundición cunhas tenazas.

Podcast: https://go.ivoox.com/rf/112627011

35

35

Alumna: Nerea Sequeiros Lafuente – 6º de Primaria

Escola: CPR Plurilingüe Luis Vives Ourense

Texto:

Esta foto é de 1924. No centro está o meu bisavó Tomás, que ten 4 anos. Á súa esquerda, o seu irmán Ángel, de 7 anos, e á dereita, a súa irmá Natividad, de 10. No centro, os seus pais. Detrás deles está a súa casa, construída en 1905 coas súas propias mans e coa axuda doutros membros da familia.

43

43

Alumna: Violeta Brizuela Martínez

Escola: CRA Mestra Clara Torres (Tui)

Texto:

Fotos da alfombra do escudo de Tui do ano 1969.

A primeira da esquerda é Concha Martínez Tato, tía avoa de Violeta (irmán do avó Manolo) que está coas súas compañeiras nun curso de alfombras en Tui. Segundo a tía esta alfombra está no Concello de Tui e póñena nalgunha celebración.

Na foto vese a alfombra colocada no tear xigante onde a fixeron e un cartel ó fondo co nome do curso.

Podcast: https://go.ivoox.com/rf/109653316

45

45

Alumno: Elan Domínguez Fonseca

Escola: CRA Mestra Clara Torres (Tui)

Texto:

Na foto sae Severino Pérez, o tataravó de Elan que era vendedor de barquillos con ruleta. O xogo da ruleta que consistía en que os compradores daban voltas a ruleta, se había varios participantes pagaba os barquillos o que sacaba menor número, se era unha soa persoa pagaba e tiña dereito a levarse un barquillo en cada xogada.

Podcast: https://go.ivoox.com/rf/109653377

200

200

Escola: CEIP Plurilingüe da Ramallosa (Teo)

Alumno: Yoel Ares Gómez

Texto:

“A muller traballadora. O primeiro traballo da avoa Feli”

Era pouco habitual na época que a muller trallara fora do fogar, a miña avoa Felicitas de Calvo, arriscada e decidida, nono dubidou cando lle ofreceron un posto de traballo no aserradoiro de madeira de Bouzas en Pontevea, moi preto de onde ela vivía. Corría o mes de Abril de 1966, cando foi retratada, era o seu primeiro traballo e contaba con 20 aniños. Vemos como está facendo tablilla, xunto a un compañeiro; segundo comenta ela, un dos mellores postos era aquel.

(Ano da foto: 1966)

215

215

Escola: CEIP Plurilingüe da Ramallosa (Teo)

Alumna: Alexandra pedreira Fernández

Texto:

“Guerra Civil Española”

Nesta foto esta o irmán do meu bisavó, José Pedreira, entre os anos 1936-1939, na guerra civil española. Foi na batalla de Teruel na Loma de la Rana en Albarracín. El era músico de profesión. Entre os instrumentos que tocaba estaba a gaita. Contaba sempre que cando marchou para a guerra levou a sua gaita con el. Un dia colgouna nun carballo e sufriron unha emboscada, polo que tiveron que escapar a correr, tendo que deixar ali a sua amada gaita, colgada no carballo. Nunca a volveu ver! Pero igual grazas a ela xerminou un novo gaiteiro no outro bando.

(Ano da foto: 1936-1939)

217

217

Escola: CEIP Plurilingüe da Ramallosa (Teo)

Alumno: André Conde Menaya

Texto:

“Na Feira de San Froilán”

Alá polos anos sesenta, adoitaba haber postos de fotógrafos nas feiras. A miña avoa Lourdes de Cacheiras, que tiña 5 anos, foi ata Lugo con meus bisavós, Fina e Paulino, máis uns tíos de Arxentina que viñan nas súas primeiras vacacións. O fotógrafo deixoulles unha chea de complementos para poñerse para a foto.

(Ano da foto: 1966)

Compartir

DEIXA UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here