Ponte... nas Ondas!

Que se vexa o Patrimonio! Por un espazo na TVG que o faga visible


A Rede do Patrimonio Cultural comeza a Campaña #QueSeVexaOPatrimonio

Agrupadas todas estas entidades na Rede do Patrimonio Cultural

EXPOÑEMOS
Que hai xa 35 anos, en 1984, cando se publicou a Lei de Creación da CRTVG esta recollía no seu primeiro artigo:

Atribúeselle á Compañía de Radio-Televisión de Galicia a misión de servizo público consistente na promoción, difusión e impulso da lingua galega, así como a atención á máis ampla audiencia, ofrecendo calidade e a máxima continuidade e cobertura xeográfica, social e cultural, propiciando o acceso aos distintos xéneros de programacións e aos eventos institucionais, sociais, culturais e deportivos, dirixíndose a todos os segmentos de público, idades e grupos sociais, e favorecendo activamente a difusión cultural, intelectual e artística e dos coñecementos cívicos, económicos, sociais, científicos e técnicos mediante toda clase de emisións en lingua galega realizadas por dita Compañía a través das sociedades Radiotelevisión de Galicia, S.A. e Televisión de Galicia, S.A., así como de calquera outra que poida crear no futuro.

Que o Estatuto de autonomía de Galicia asumira, no seu artigo 27.18, a competencia exclusiva en materia de patrimonio histórico, artístico, arquitectónico e arqueolóxico de interese de Galicia.

Que na lei 5/2016 de patrimonio se di:

O patrimonio cultural de Galicia está constituído polos bens mobles, inmobles ou manifestacións inmateriais que, polo seu valor artístico, histórico, arquitectónico, arqueolóxico, paleontolóxico, etnolóxico, antropolóxico, industrial, científico e técnico, documental ou bibliográfico, deban ser considerados como de interese para a permanencia, recoñecemento e identidade da cultura galega a través do tempo.

Así mesmo, integran o patrimonio cultural de Galicia todos aqueles bens ou manifestacións inmateriais de interese para Galicia nos que concorra algún dos valores enumerados no parágrafo anterior e que se encontren en Galicia, con independencia do lugar no que fosen creados.

Que tamén se recollía no artigo 20 da devandita lei de Creación da TVG que:

Correspóndelle ao Parlamento de Galicia o control da actuación da Compañía de Radio-Televisión de Galicia e das súas sociedades.

A Comisión Permanente de Control da Compañía de Radio-Televisión de Galicia e as súas sociedades, constituída de conformidade co que dispoña o Regulamento da Cámara, exercerá o control da actuación da CRTVG e as súas sociedades, de tal xeito que non impida o funcionamento dos medios, velando polo cumprimento efectivo da función de servizo público, definida e encomendada á CRTVG no artigo 1, apartado 1, desta lei.

Para estes efectos, a CRTVG remitiralle, con carácter anual, á devandita Comisión parlamentaria un informe sobre a execución da función de servizo público encomendada, referido ao conxunto das súas actividades, programacións, servizos e emisións.

Porén, no que ao Patrimonio material e inmaterial de Galicia se refire, nestes 35 anos contamos cunha man os programas que se ocupasen especificamente de divulgar o valor do Patrimonio Galego, quedando este relegado a micro- espazos dentro de programas culturais e informativos onde se daba conta de eventos relacionados con el, pero nunca ocupándose con periodicidade regular do mellor coñecemento do patrimonio artístico, histórico, arquitectónico, arqueolóxico, paleontolóxico, etnolóxico, antropolóxico, industrial, científico e técnico, documental, bibliográfico ou mesmo inmaterial.


E polo tanto SOLICITAMOS

– A creación de espazos informativos e divulgativos dedicados especificamente ao Patrimonio tal e como se esixe na lei e na norma, baixo as que está adscrito o ente público galego
– Unha entrevista cos membros da Comisión Permanente de Control da CRTVG/Presidente da CRTVG para compartir con eles as nosas demandas.

Santiago de Compostela a 21 de setembro de 2019

#QueSeVexaOPatrimonio

Co cancelo #QueSeVexaOPatrimonio as entidades da REDE e simpatizantes queremos dar visibilidade ao noso.

A campaña na web da Rede do Patrimonio Cultural
http://redepatrimonio.gal/campana-que-se-vexa-o-patrimonio

Seguimento da campaña no Facebook da Rede
https://www.facebook.com/rededopatrimoniocultural/

Ti tamén queres publicar fotos do teu patrimonio na nosa TV?


Aquí van.

Pódelas descargar desde este post de Facebook no teu computador e traballar con Photoshop, podes descargar a a APP e seguir as indicacións, o podes imprimirla e ir facendo fotos con ela na man.

Co móbil
Descarga a imaxe da nosa TV e gárda a na galería do móbil.

Descarga a app Adobe Photoshop Mix Cut-Out. Ábrea e rexistrate tal e como pide.

3. Comeza por ir a“Meusproxectos”. Crea un novo clickando en + e Iniciar-> Imaxe. Vai engadindo capas con:
▪ A imaxe da TV.
▪ A imaxe do logo da vosa asociación.
▪ A imaxe do elemento patrimonial.

A app permite redimensionar as capas, aplicar filtros e compartir a imaxe resultante.

Compártea

Publicade a imaxe resultante, subíndoa ás vosas redes sociais co cancelo #QueSeVexaOPatrimonio e etiquetando a CRTVG, ao Parlamento de Galicia máis á Rede Patrimonio Cultural.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas