Ponte... nas Ondas!

Re-creamos o Patrimonio

Cando o cuco canta polo mes de abril, anuncia co seu canto o remate do inverno e a chegada da primavera. É o tempo no que a natureza volve a rexurdir con toda a súa forza. No ciclo anual, o canto do cuco asóciase a diversos agoiros relacionados coas colleitas ou cos designios das persoas. O patrimonio inmaterial recolle abondosos refráns e ditos relacionados con esta ave.

PONTE…NAS ONDAS! achega aos centros educativos o CANTO DO CUCO da man do poeta Manuel María, o autor a quen se lle dedican as Letras Galegas. Da man do proxecto CampUSCulturae, que aborda a diversidade e a transmisión do patrimonio ás novas xeracións, realizaranse representacións en Gondomar, Salvaterra e Nigrán.

CANTA O CUCO é unha proposta musico-teatral que conta con Uxía e Magín Blanco como condutores e que integra os títeres de Inacio Vilariño, director da compañía de teatro Fantoches Baj. Un espectáculo multidisciplinar onde se mesturan diferentes técnicas escénicas, manipulación de obxectos, títeres, música e traballo actoral.

O 27 de abril, a actuación realizarase no colexio Infante Felipe de Salvaterra de Miño.

O día 28 de abril o concerto-teatral estará destinado ao alumnado dos CEIP Souto Donas e do IES Terra de Turonio de Gondomar e terá lugar no Auditorio Lois Tobío de Gondomar a partir das 12.30 hs.

No mes de xuño realizarase no Auditorio de Nigrán para o alumnado do CEIP Humberto Juanes.

DEIXE UMA RESPOSTA

Por favor digite seu comentário!
Por favor, digite seu nome aqui

PNO! 8º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas